18 de xul. de 2017

A GUARDA

DEPORTES

O III Torneo de verán 3x3 de Baloncesto Vila da Guarda será o sábado 22 de xullo


Infogauda / A Guarda

 O sábado 22 de xullo, dende ás 10 da mañá, na pista deportiva do Centro Cultural, o Concello da Guarda, en colaboración de diferentes patrocinadores, volve dar espazo na súa programación estival o torneo 3x3 de baloncesto “Vila da Guarda”. Este evento non sería posible sen a colaboración de As de Copas, As Pozas, Bar Floro, Bodegón Os Seixiños, Café JJ, Confitería Rogelio, Copy Quisqueya, Éxfico Concept Store, Foto-Verano, Hotel Celta - Novo Bar, Hotel El Molino, Joyería Royfe, Librería Atlántica, Librería Ler,  Merca Vicente, Pady Sport, Peluquería Victor Pazos, Restaurante Area Grande, Restaurante Arruaz e Restaurante Gaviota.  

DATA E LUGAR 

 Celebrarase o sábado 22 de Xullo no Centro Cultural de A Guarda en caso de choiva transladarémolo ao Pavillón do IES A Sangriña. Comezaremos o torneo o sábado ás 10 da mañá, estando programado o primeiro partido ás 10.30, momento no que tódolos participantes de tódolos equipos deben estar ali para a presentación do torneo.  

INSCRICIÓNS DOS EQUIPOS 

 O Torneo ten o límite de 10 equipos, formados por un mínimo de 4 e máximo de 5 persoas. Os equipos poderán ser indistintamente masculinos, femininos ou mixtos. O custo da inscrición será o de aportar unha bolsa de alimentos, para o banco de alimentos do Concello da Guarda. Se algún equipo ou xogador non consegue o mínimo necesario para formar un equipo, por favor, infórmennos a través da páxina de Facebook disposta para o Torneo  ou envíen un correo electrónico a torneobaloncesto@hotmail.com. 

 O prazo de inscripción finaliza o venres 21 as 10:00, non admitíndose inscripcións fora do prazo. O método de inscripción é en liña, premendo eiquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario