25 de xul. de 2017

A GUARDA

O BNG PRESENTA MOCIÓN PARA LEVAR A PLENO O PLAN DE MOBILIDADE DA GUARDA 

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no concello guardés): “É fundamental o novo aceso ao porto da Guarda para que o plan de mobilidade se desenvolva totalmente, o PP ten que decidir se dota deste acceso á Guarda ou non”

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Foto: BNG


Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción para que se leve a sesión plenaria o Plan de Mobilidade da Guarda.  

 O BNG lamenta que o goberno do PSOE co documento na man no teña posto en marcha unha soa iniciativa de concienciación e fomento de mobilidade sostíbel. Sen ser un documento vinculante, vemos a necesidade de ver o compromiso das formacións políticas nel. Por iso levámolo a pleno, explicou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG.    

 O BNG  - relembra Ángel Luis Baz - leva dende o principio da lexislatura traballando para que A Guarda se converta nun concello accesíbel, cunhas infraestruturas e rúas para que as persoas, principalmente as de mobilidade reducida e os nenos e nenas sexan os protagonistas.  

 O BNG conseguiu un compromiso por parte do pleno para que en colaboración coa Deputación se levase adiante un Plan de Mobilidade Sostíbel para A Guarda.  

 Segundo sinala Ángel Luis Baz este plan veuse realizando como un traballo conxunto entre técnicos e colectivos entre os que se atopan as formacións políticas. Hoxe, temos dende hai meses o plan no concello.  

 “Para o BNG non ten sentido ter gastado os cartos, esforzos dos colectivos e deixar o documento nun caixón. Toca aprobalo. O BNG votará a favor”, afirma Ángel Luis Baz.

A Xunta do PP debe realizar un novo acceso ao porto  

 É momento de que o PP, tanto na Xunta como na Guarda, se comprometan publicamente a realizar o novo acceso ao noso porto. A Deputación xa lles fai o proxecto, as obras corresponden á Xunta”, sinalou o portavoz municipal do BNG no concello guardés.

 O BNG considera un factor fundamental para que o Plan poida ser desenvolvido na súa totalidade a realización dun novo acceso ao porto, que deixaría libre de carga de tráfico a Concepción Arenal para realizar un proxecto integrador do centro urbano, conclúe Ángel Luis Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario