12 de xul. de 2017

A GUARDA

O COLEXIO DE SOLANAS NON AUTORIZA A COLOCACIÓN DO VALADO DE HOCKEY NO SEU PAVILLÓN   

O concello lamenta que, despois de meses de traballo, de conseguir o financiamento para o valado, de ter a autorización da Xefatura Provincial de Educación e da demanda dos deportistas e das súas familias, esta actuación non conte cos parabéns da comunidade educativa  

Antonio Lomba Baz  
Alcalde do Concello de A Guarda     


Infogauda / A Guarda

 O Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz ven de facer pública á seguinte nota de prensa:

 "O goberno municipal da Guarda presentou o proxecto de colocación dunha valado de hockey no pavillón do colexio de As Solanas con cargo ao plan concellos da Deputación 2016. Tratábase dunha actuación moi demandada polo colectivo que habitualmente utiliza o pavillón para realizar adestramentos. Desta maneira os equipos de hockey guardeses poderían xogar, con certas limitacións debido ao tamaño da pista, partidos oficiais. O orzamento desta instalacións ascende a 20.800 €.   

 Despois de meses de xestións diante da directiva do centro e da unidade técnica da Xefatura Provincial de Educación o concello obtivo a autorización por parte da Xefatura Provincial.   

 No que respecta ao centro, despois de satisfacer por parte do concello e da empresa subministradora os requirimentos de información e documentación solicitados, a directora comunica ao concello que o claustro de profesores e o consello escolar non autorizan a colocación do valado de hockey. Os motivos que alegan son: a perigosidade que representa para o alumnado do centro e que a colocación do valado non permitiría as medidas oficiais para a práctica doutros deportes no pavillón.   

 O concello lamenta que, despois de meses de traballo, de conseguir o financiamento para o valado, de ter a autorización da Xefatura Provincial de Educación e da demanda dos deportistas e das súas familias, esta actuación non conte cos parabéns da comunidade educativa.   

 Nos días pasados comunicouse á directiva do club A Guarda Hockey Liña, que utiliza o pavillón de Solanas para os seus adestramentos, a decisión dos responsables do centro. Por parte dos deportistas acordaron buscar outras posibilidades para a instalación dun valado. De non atopar outro pavillón no que se autorice a súa colocación o concello deberá destinar os cartos para outro fin".

3 comentarios:

  1. Eu non sei de medidas técnicas. Pero considero q OS usuarios habituáis do pabellón do colexio son OS seis alumnos q o utilizan todo los días. E pensó eu q se se fai alguna mellora ten de ser para beneficiar a estés usuarios. Non para perxudicalos. OS do xoquey liña solo utilizan o pabellón OS días q entrenan q non son todos. E con todo los respetos a resposta do clube de xoquey pareceme a mais acertada. Tratar de buscar alguna solución que cumpla cos requisitos esixidos polos usuarios avituais.E non a do concello actuando pila sus conta e chegando al colegio con algo feito e q ten q ser así ou nada.

    ResponderEliminar
  2. Eu non sei de medidas técnicas. Pero considero q OS usuarios habituáis do pabellón do colexio son OS seis alumnos q o utilizan todo los días. E pensó eu q se se fai alguna mellora ten de ser para beneficiar a estés usuarios. Non para perxudicalos. OS do xoquey liña solo utilizan o pabellón OS días q entrenan q non son todos. E con todo los respetos a resposta do clube de xoquey pareceme a mais acertada. Tratar de buscar alguna solución que cumpla cos requisitos esixidos polos usuarios avituais.E non a do concello actuando pila sus conta e chegando al colegio con algo feito e q ten q ser así ou nada.

    ResponderEliminar
  3. Noemí Rodríguezluns, 24 xullo, 2017

    Sr. Alcalde. Vostede sabe perfectamente que non nos negamos a colocación da mesma. Sólo nos negamos a facelo mal.

    ResponderEliminar