25 de xul. de 2017

DEPORTES

A 15K DO ATLÁNTICO-BANCO MEDIOLANUM ABRE AS SÚAS INSCRICIÓNS

Como xa vén sendo tradición, a cita terá lugar o primeiro domingo de outubro e os participantes deberán completar un circuíto de 15 quilómetros entre o campo de fútbol de Oia e o Paseo Marítimo da Guarda

A imaxe corresponde o intre da saída en Oia dos participantes nunha edición precedente da 15K do Atlántico
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 A quinta edición da carreira popular 15K DO ATLÁNTICO-BANCO MEDIOLANUM abrirá mañá mércores o seu período de inscricións, o cal se prolongará ata o 27 de setembro. Os participantes poderán inscribirse online a través da web ou de forma presencial nos ximnasios Do-Majó (A Guarda) e Excálibur (O Rosal), e poderán beneficiarse dun prezo reducido de 10 euros ata o vindeiro domingo. Como todos os anos, a proba tamén contará cunha andaina de 12 quilómetros para a que tamén será necesaria inscrición seguindo o mesmo proceso.  

O percorrido da carreira remata no Paseo Marítimo de A Guarda

 A 15K DO ATLÁNTICO-BANCO MEDIOLANUM convertéronse en moi pouco tempo nun clásico das carreiras populares no outono, reunindo preto de 800 corredores cada ano. Como xa vén sendo tradición, a cita terá lugar o primeiro domingo de outubro e os participantes deberán completar un circuíto de 15 quilómetros entre o campo de fútbol de Oia e o Paseo Marítimo da Guarda. O percorrido, paralelo á costa sur da provincia de Pontevedra, comparte tramos do Camiño de Santiago e é un dos grandes atractivos desta proba. Ás 11:00 horas arrincará a carreira e unha hora antes tomarán a saída os participantes da andaina popular.   
 A 15K DO ATLÁNTICO está organizada por QUALITÉ SPORT en colaboración con Banco Mediolanum e os concellos  de Oia e A Guarda e intégrase dentro do circuíto 15K SERIES BANCO MEDIOLANUM, apadriñado polo excampeón do mundo de maratón, Abel Antón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario