31 de xul. de 2017

RIBADAVILA (A GUARDA)

PROGRAMA DE FESTAS NA HONRA DA VIRXE DA GUÍA






Infogauda / Ribadavila (A Guarda)

 A Comisión de festas na honra da Virxe da Guía, ven de dar a coñecer a programación deste ano 2017. 

 As actividades comezan o día 26 de agosto, ás 20:30 h. con un Gran Serán, organizado por Vento Mareiro.


 O domingo día 27 de agosto, ás 18:00 h., dará comezo á Carreira Pedestre co percorrido habitual.

 O mércores día 30 de agosto, ás 19:30 h., comeza á novena na honra da Virxe da Guía.

                   


 O venres día 1 de setembro, ás 22:00 h., actuacions de Hugo Band, La Mafia e Wonders Covers.

 O sábado día 2 de setembro, as 22:00 h., actuacions de Caciques e La Patrulla.

 Nesa mesma noite actuarán os DJ´s: Dumore, Cristian e Joselete MV.


 O domingo día 3 de setembro, ás 18:00 h., poxas e ás 19:00 h., minuto de silenzo por maiordomos e veciños falecidos. 

 O luns día 4 de setembro, ás 23:55 h., no porto de A Guarda, tirada de fogos de lucería e cubos. 

 O xoves día 7 de setembro, ás 21:00 h., Festa do Comercio. Actuará o Grupo Abóbriga que ofrecerá un concerto.


 Esa mesma noite haberá exhibicions deportivas en palco, á cárrego de Dani Comesaña.

 Tamén actuará Aretha Franklin Tribute Band.

 O venres día 8 de setembro (festividade da Virxe da Guía), ás 11:30 h., na Praza da Guía, misa solemne cantada polo Coro Parroquial dirixido por Felicidad Martínez Vicente. O remate da eucaristía, procesión polo itinerario de costume, coa participación do Grupo de gaitas A Boalleira, de A Gándara, e o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade, de A Guarda.

 O sábado día 9 de setembro, ás 9:00 h., misa por maiordomos e finados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario