EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN
Terá lugar o domingo 24 de setembro e ten un custe de 12 € para as persoas adultas mentres que os menores de 12 anos aboarán 8 €
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño organiza unha excursión dentro do Programa En Ruta coa Depo da Deputación de Pontevedra, para visitar a Illa de San Simón, Museo Meirande, Redondela, Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio.
Esta actividade promove os seguintes obxectivos:
- Fomentar a participación e a cohesión social na comunidade.
- Ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre para a mocidade.
- Promover a convivencia e o intercambio de experiencias entre nais/pais e fillos/as.
- Impulsar a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional.
Deste xeito incentivamos a participación de familias con nenos e nenas, e tamén cabe mencionar a existencia de prazas para persoas que precisen de cadeiras de rodas ou outras axudas técnicas.
A excursión terá lugar o domingo 24 de setembro e ten un custe de 12 € para as persoas adultas mentres que os menores de 12 anos aboarán 8 €.
Esta viaxe inclúe os seguintes servizos:
- O desprazamento de ida e volta en autobús con tres puntos de partida: unha no Concello de A Guarda (Praza As de Copas), outra no Concello de O Rosal (Pías) e outra no Concello de Tomiño (Praza do Concello).
- A ruta de ida e volta en barco.
- A visita guiada cun guía turístico especializado.
- O xantar no que cada menú constará de dous pratos, sobremesa, café e bebidas.
- Un seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Agasallos: unha mochila e unha viseira.
O horario de saída será ás 08:30 h. na Praza de Avelino Vicente - xunto o As de Copas - en A Guarda.
O prazo de inscrición remata o venres 15 de setembro.
Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º andar)
A Guarda (Pontevedra)
Teléfonos: 986 614 407 / 640 086 376
Enderezo electrónico: info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario