6 de ago. de 2017

A GUARDA

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2017

Do 7 ó 15 de agosto




Infogauda / A Guarda


 Desde o luns día 7 ó 15 de agosto, A Guarda celebra ás Festas do Monte Santa Trega 2017. Probablemente ás máis agardadas por milleiros de persoas que ó longo do resto do ano atópanse fora da súa terra.

 Sen ningún tipo de dúbidas, as Festas do Monte Santa Trega - que contan coa decraración de Festas de Interese Turístico Galego -, son ás que xeran maior sinerxia, non soio no termo municipal de A Guarda, senón en toda á contorna. Son uns festexos con unha ampla programación, na que teñen cabida actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,..., e nas que todo o mundo pode participar, porque hai sitio para todos.


Grupo de gaitas do Club da Terceira Idade de A Guarda
Grupo de Gaitas A Boalleira, de A Gándara
Fotos: Laxe Grande


 Un ano máis, á Asociación Cultural, Deportiva e Veciñal O Cancelón, é á entidade que asume ás tarefas de organización das Festas do Monte Santa Trega. 

 Ainda que algunhas das actividades deportivas incluidas no programa deste ano, xa comezaron en días precedentes, á programación é a seguinte:

   
LUNS 7 DE AGOSTO

Desde as primeiras horas da mañá, pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.
16:00 h. XXVI Torneo de Futbol Infantil no Estadio Municipal
20:00 h. Pregón das Festas do Monte 2017 a cargo dun responsable do Real Club Celta de Vigo.
22:30 h.  Primeira gran verbena coas orquestras NEVADA e JOHNNY MAQUINARIA.

MARTES 8 DE AGOSTO

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.
16:00 h. XXVI Torneo de Futbol Infantil no Estadio Municipal
20:00 h. Festa Homenaxe á Terceira Idade no Auditorio de San Bieito.
Segunda verbena coas orquestras AMÉRICA e SON D´VIGO.

MÉRCORES 9 DE AGOSTO

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.
17:00 h. Marcha Cicloturista Popular con saída e chegada dende a Alameda.
21:30 h. Festival do Acordeón, XX Aniversario Acordeóns Mascarenhas.
22:30 h. Terceira verbena coas orquestras OLYMPUS - co seu espectáculo "Con la fuerza del corazón"-  e PODIUM.
23:00 h. XIII Rock in Fervenza na Praza de Avelino Vicente.

XOVES 10 DE AGOSTO

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.
16:00 h. XVII Campionato Exhibición de Xadrez ó aire libre.
22:30 h. Cuarta verbena coas orquestras KUBO e CIUDAD CRISTAL.

VENRES 11 DE AGOSTO

Pasarrúas de grupos de gaitas polo pobo.
12:00 h. Descubrimento das pracas nas Rúas de Vigo e R. C. Celta.
18:00 h. Partido Sporting Guardés - R. C. Celta de Vigo (Xuvenís), no Estadio Municipal A Sangriña.
Postos de Artesanía no Porto de A Guarda.
22:30 h. Quinta verbena coas orquestras PASSARELA e IBIZA ORQUESTRA.


A Banda Negra - a decana das bandas - conmemora este ano seu 50 aniversario
A Banda Os do Rancho celebran seu XXV Aniversario



SÁBADO 12 DE AGOSTO

12:00 h. Gran Desfile Foclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras con saída dende a Alameda e remate no Porto de A Guarda.
22:30 h. Sexta verbena coas orquestras CENIZA e LA DÉCADA PRODIGIOSA.

DOMINGO 13 DE AGOSTO

Subida ó Monte Santa Trega, xantar popular, troulada, merenda-cea no Montiño e desfeita.
21:30 h. - Baile-verbena coas orquestras MAGIKAL e ÁMBAR.

LUNS 14 DE AGOSTO

12:00 h. Festa degustación do Mexillón, polbo á feira,...,durante todo o día. Feira de Artesanía.
22:00h - Oitava verbena cun grupo musical

MARTES 15 DE AGOSTO

12:00 h. Festa degustación do Mexillón, polbo á feira...durante todo o día. Feira de Artesanía.


24:00 h. Espectacular tirada de fogos de artificio no Porto de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario