5 de ago. de 2017

A GUARDA

BALONMÁN DIVISIÓN DE HONRA FEMININA

CAMPAÑA DE SOCIOS 2017/2018: “ABÓNATE E VERÁS”


Infogauda / A Guarda

 A Campaña de Socios 2017/2018 do Mecalia Atlético Guardés arrincou esta semana baixo o lema "Abónache e verás". O obxectivo que se fixa a entidade presidida por José Manuel Silva Vicente é alcanzar os 850 abonados, entre socios particulares e os carnés que se ceden a colaboradores e patrocinadores.

 Para a tempada 2017/2018, o Atlético Guardés fixa as seguintes modalidades de carné e prezos:  
Sub-13 (8-13 anos): 20 euros
Sub-20 (14-20 anos): 40 euros
Sénior (21-64 anos): 75 euros
Máis 65 anos: 55 euros

 Tomarase o ano 2017 como referencia para as idades.  
 O carné de socio inclúe todos os partidos da Liga Loterías 2017/2018. Non haberá día do club.  

 Nos próximos días, o club comunicará os prezos das entradas individuais para cada partido.  

 O conxunto que dirixirá por segunda tempada consecutiva José Ignacio Prades ten por diante un ano cheo de retos: pelexará por revalidar o título de campión ligueiro; xogará por primeira vez a Supercopa de España; terá que afrontar a segunda semana de setembro a fase previa da Champions League e participará nunha nova edición da Copa de S. M. A Raíña.  

 O club farase notar na Guarda e colocará nos próximos días cartelería da campaña "Abónache e verás" en diferentes puntos de interese da localidade. Ademais estanse realizando xa os trámites necesarios para organizar a presentación de todos os equipos da entidade o vindeiro domingo 27 de agosto ás 21 horas no Auditorio de San Benito.  

 Horario: A oficina que o club ten no Pavillón da Sangriña estará aberta a partir do día 1 de agosto de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres, ademais o sábado entre as 11:00 e as 13:30 h. tamén se poderán realizar xestións. Os afeccionados deberán encher o pertinente formulario cos seus datos persoais e de contacto-

Ningún comentario:

Publicar un comentario