10 de ago. de 2017

CULTURA

O ESCRITOR OVIDIO LEIVA BASPINO PRESENTA A TRILOXÍA “LOS ACABADOS”

 Ovidio Leiva Baspino


Muy señoras mías y señores muy suyos:
Meinen damen und herren:
Ladies and gentlemen:
Mesdames et Messieurs:

 ¡Eeeh!, meus, que son de aquí, pobre poeta nado en Baiona. E nado no Miño tamén, se non chove moito, que entón só me ducho coa auga que cae do pai ceo. Nacín de novo, é un decir, nesta doce ribeira nosa, no seo do pai Miño, antigo deus  pagán, que segue a selo cada día ante os meus ollos, pasmados de beleza dende que cheguéi a Tabagón, hai trinta anos, despois de dar voltas por España e polo mundo, coma se a terra fora unha ruleta e eu mesmo unha boliña saltona. E xa quedéi aquí. O deus Miño, pai de náiades e de ondiñas, tenme engaiolado nunha casiña preto del. Chámame todolos días e acudo coma un fillo piadoso a ver que me quer, sempre tanto…

 Non, non quero chorar, son o home máis feliz do mundo e, inda por riba, non teño só unha camisa, teño máis.

Portada da triloxía LOS ACABADOS, do escritor Ovidio leiva Baspino

 E teño tres fillas ben feiticeiras, nadas da miña cabeza, as tres primeiras novelas que escribín neste paraíso tan mal tratado por nos, galeguiños de Galicia, que temos o corazón de madeira (eucalipto), de pataca (cun verme noxento de desidia e desamor pola nosa terra nai), de ferro, coma o corazón castelán aquel do que falaba Rosalía. O noso é máis ben de ferruxe.

 Non, non, non quero chorar, senón rir e cantar urbi et orbi esta canción:

 ¡Willkomen, bienvenus, wellcome

 Se vos gusta, non me tomedes tan en serio coma semello na foto; na vida diaria cos meus viciños, preguntádellelo, eu son máis ben cómico que tráxico. Xa o vedes, confundo a poíesis cos payasos. Pero, cando escribo, o fago tan en serio coma na fotografía da web. Un amigo meu, galés, viciño das Eiras, moi simpático, escribiume unha mensaxe con emoticones de risa: “You do look very serious though… almost menacing”.

 Amigos conocidos y desconocidos:

 Os invito a todos, todos, todos... con el corazón en la mano que escribe mis libros, a que los leáis con un amor similar al que me la guía.

 Y muchos besos para todos. Si no los queréis, me los devolvéis y os envío un abrazo.

 Viva el siglo XXI.

 Soy feliz.

 Ovidio Leiva Baspino

Ningún comentario:

Publicar un comentario