17 de ago. de 2017

O ROSAL

XXVIII FESTIVAL DE MÚSICOS XÓVENES

Este fin de semana ​dará comezo unha nova edición do Festival de Músicos Xoves

Como novidade, nesta edición, o festival desarrollarase en dous fins de semana distintos




Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal organiza unha nova edición  - a XXVIII - do Festival do Músicos Xóvenes. 

 Como novidade, nesta edición, o festival desarrollarase en dous fins de semana distintos,

 Este sábado día 19 de agosto será o turno das corais, no Auditorio do Rosal ás 20:30 horas. Actuarán a Coral de Lalín, dirixida por Benxamín Otero Otero; o Coro de Voces Brancas Medio Tempo, da Agrupación Musical do Rosal; e a Coral da Agrupación Musical do Rosal, ambas dirixidas por Toñi Santos Vaquero​.   

 Xa o vindeiro sábado 26 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas. 

 Por esta importante cita musical do verán rosaleiro, que se ven celebrando dende o ano 1989​, pasaron pola localidade do Rosal algunhas das bandas de máis prestixio. Este ano contaremos coa participación de dúas interesantes formacións, dirixidas ambas por rosaleiros que iniciaron as súa formación musical na Agrupación Musical do Rosal. Intervirá en primeiro lugar a banda de música Agrupación Musical da Guarda, dirixida por VÍctor Luis Alonso Treinta, a continuación participará a Banda Sinfónica Arroyo de la Encomienda (Valladolid), dirixida por José Manuel González Diego e porá remate a este acto a Agrupación Musical do Rosal, dirixida por José Javier Bascoy Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario