Remata a V Semana Cultural cos concertos de canto tradicional e DuDecan
O Centro Cultural de Peitieiros celebra este sábado 19 de agosto, ás 19:30 horas o XXIV Festival Folclórico Internacional
Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros / Gondomar
O Centro Cultural de Peitieiros celebra este sábado 19 de agosto, ás 19:30 horas o XXIV Festival Folclórico Internacional, ao tempo que remata a V Semana Cultural.
Así o venres día 18 ás 22:00 h. celebrarase a xornada de Canto popular e de taberna que contará co grupo do CCV de Peitieiros.
O sábado 19, ás 12:30 en sesión vermuth teremos un concerto do grupo de música funk e mestizaxe DuDecan.
Ás 19:30h dará inicio o XXIV Festival Folclórico Internacional que este ano ten o seguinte programa: Ecos e Agarimos, de Peitieiros, grupo anfitrión con máis de 22 anos de traxectoria; Grupo de Pandereteiras de Monte Boi (Baiona), Filipa Biscaia, cantora de fados de Lisboa (Coimbra), e Volta e Dálle (Mondariz), grupo de música folk nacido en 2007.
Ademais, permanecerá aberta a exposición sobre o petróglifo do Lombo do Roxás que se poderá visitar o día 18 de 20:30 a 22:00 horas e o día19, de 12:00 a 13:30 e de 17:00 a 22:00, cunha visita guiada ás 18:30.
O XXIV Festival Folclórico conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Gondomar e da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Peitieiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario