17 de ago. de 2017

SALCIDOS (A GUARDA)

SALCIDOS CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA ÁS FESTAS NA HONRA DE SAN ROQUE

Os días 18, 19 e 20 de agosto de 2017



Infogauda / Salcidos


 Esta fin de semana os veciños de Salcidos (A Guarda), celebran as tradicionais festas na honra de San Roque.

 A programación comeza este venres día 18 de agosto, a partir das 21:00 h., con unha churrascada a prezos populares, e a actuación de un grupo musical.

 O sábado día 19, a Treboada Baixo Miño percorrerá ás rúas do pobo.

Orquestra Capitol
Foto: Facebook

 Pola noite, gran verbena amenizada pola Orquestra Capitol, de Santiago de Compostela, e o Grupo Yucatán.

Grupo Yucatán
Foto: Facebook

 O domingo día 20, ás 11:00 h., na praza do Coruto, presentación da Banda de Música Agrupación Musical de Taboexa. E a continuación pasarrúas. O remate, ofrecerá un concerto no recinto das festas.

 Tamén o domingo, ás 11:00 h., misa rezada, e ás 12:15 h., misa solemne, con sermón e procesión.

 Pola tarde, haberá as tradicionais poxas e o remate das mesmas, a actuación de un grupo musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario