18 de ago. de 2017

SALCIDOS (A GUARDA)

DEPORTES

EXHIBICIÓN DE JUGGER

Mércores día 23 de agosto, a partires das 16:00 h., no Campo de fútbol de Salcidos




Infogauda / Salcidos (A Guarda)


 Organizada polo club Jugger A Guarda - pendente, polo de agora, da asamblea fundacional, ainda que xa contan con un número de persoas que se reúnen para practicar ese deporte -; o vindeiro mércores día 23 de agosto, a partires das 16:00 h., no Campo de Fútbol de Salcidos (xunto o camping), haberá unha exhibición de jugger.

 O jugger é un deporte de equipo que xurdiu en Alemania na décadas dos 90 do pasado século. Polo tanto é unha actividade deportiva con pouco percorrido, alomenos ata o día de hoxe.

 Logo do club Jugger A Guarda

 Na práctica do jugger ten moita importancia á habilidade e a estratexia, xa que o regulamento limita os golpes fortes e o contacto físico entre os xogadores.

 Debido á complexidade do xogo, os encontros de jugger son dirixidos por catro árbitros.

 Como en calquer deporte, para coñecelo hai que practicalo. Así pois, para descobrer as nocions máis elementais do jugger, nada mellor que asistir a esa exhibición do vindeiro mércores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario