12 de set. de 2017

A GUARDA

A ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS DA GUARDA ORGANIZA UN CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Impartirase do 2 de outubro ó 30 de novembro todos os luns e os xoves na Casa de Oficios




María del Carmen Álvarez González / A Guarda

 Neste mundo cada vez máis tecnolóxico, a Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda organiza un Curso de Alfabetización Dixital para tódalas persoas que estean interesadas en mellorar os seus coñecementos en Internet, manexo da tableta e do teléfono móbil. 

  Impartirase do 2 de outubro ó 30 de novembro todos os luns e os xoves na Casa de Oficios - Rúa Diego Antonio González, 42 (Salcidos) -, enfronte do supermercado Eroski.

 Non o deixes pará mañá porque as prazas son limitadas, así que apúntate no whatsapp do nº 686 430 140.

Ningún comentario: