13 de set. de 2017

A GUARDA

CAMINHA E A GUARDA ORGANIZAN UNHA ANDAINA  

O sábado día 16 de setembro, polas fortalezas do Baixo Miño 

Vista parcial da Fortaleza de Santa Cruz, no termo municipal de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda  

 Os Concellos da Guarda e Caminha organizan para o sábado día 16 de setembro unha nova andaina no marco das iniciativas conxuntas para a candidatura do estuario do río Miño a Paisaxe Cultural da UNESCO.   

 Co nome “Fortalezas do Miño”, a andaina ofrece unha ruta interpretativa polas fortalezas dos marxes do río, incluíndo os fortes de San Lourenzo de Goián (Tomiño), San Francisco de Lovelhe, Caminha e a Fortaleza de Santa Cruz, todas elas construídas durante a Guerra de Restauración portuguesa, no século XVII.   

 O percorrido será de 22 quilómetros e dificultade baixa. Un autobús sairá da Fortaleza de Santa Cruz (rúa da República Dominicana) ás 8:30 horas para levar aos participantes ata Goián. Na parroquia tomiñesa comezará o percorrido que chegará ata A Guarda, pasando por Vila Nova de Cerveira e Caminha, localidades onde será posible apreciar e visitar as fortalezas existes cunha breve explicación da importancia de cada unha delas.   

 Unha vez en Caminha, e tras a parada para o almorzo, os participantes tomarán o transbordador das 15:00 horas ata A Guarda, onde visitarán o Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz. A hora aproximada de remate é ás 16:00 horas.   

 O custe de participación é de 5 euros por persoa, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario