15 de set. de 2017

A GUARDA

PROGRAMADAS TRES ANDAINAS TURÍSTICAS EN A GUARDA PARA ESTE OUTONO

Están organizadas pola Asociación Veciñal e Cultural das parroquias da Guarda - Comunidades de Montes de Camposancos, Salcidos e A Guarda 




Infogauda / A Guarda


 A Asociación Veciñal e Cultural das parroquias da Guarda - Comunidades de Montes de Camposancos, Salcidos e A Guarda ven de dar a coñecer á programación de Andainas Turísticas en A Guarda, que conta coa colaboura da Deputación de Pontevedra e do Concello de A Guarda.

 As Andainas Turísticas terán lugar nas tardes dos días 30 de setembro; 7 e 23 de outubro.

 A primeira Andaina Turística - denominada Ruta dos Miradores do Trega -, será o sábado día 30 de setembro, ás 5 da tarde, dende o Campo de Chans, e transcorrerá por Camposancos e os castros do poboado Mergelina. Esta andaina será guiada por Rafael Rodríguez Martínez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra.

 A segunda Andaina Turística - denominada Ruta do Torroso -, terá lugar o sábado día 7 de outubro, ás 5 da tarde, desde a Casa da Cumunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Salcidos - subida a Zamar -, e transcorrerá por lugares de Salcidos, Castro da Bandeira, Muiños de Zamar, restos da fortaleza medieval, etc. Esta andaina será guiada por Miguel Reboredo Otero, funcionario de Patrimonio, da Xunta de Galicia. 

 A terceira Andaina Turística - denominada Ruta polo Casco Urbano -, será o domingo día 23 de outubro, ás 4:30 da tarde, desde á Fortaleza de Santa Cruz, e permitirá coñecer os vestixios das antigas murallas da vila, á réplica da Atalaia - onde se atopa o Museo do Mar -, cetárea, Centro Cultural, etc. Esta andaina tamén será guiada por Miguel Reboredo Otero, funcionario de Patrimonio, da Xunta de Galicia.

 O remate desta Andaina Turística haberá castañas asadas para os asistentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario