28 de set. de 2017

A GUARDA

CURSO DE CESTERÍA

Está organizado pola Asociación Veciñal, Cultura de Deportiva O Cancelón

Dentro do programa Conectadas 2017, da Deputación de Pontevedra




Infogauda / A Guarda

 O abeiro do Programa Conectadas 2017, da Deputación Provincial de Pontevedra, a Asociación Veciñal, Cultura de Deportiva O Cancelón organiza un Curso de Cestería.

 O devandito curso impartirase desde o día 9 de outubro ata o día 11 de decembro de 2017, os luns e os mércores, de 19:00 á 21:00 h., tendo unha duración total de 35 horas.

 O prezo da inscripción é de 6 euros.

 Para anotarse, ás persoas interesadas deben dirixirse á oficina de Enerxía Galega Máis, na rúa Transversal Troncoso (xunto á Alameda), de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario