21 de set. de 2017

A GUARDA

A Deputación de Pontevedra subvenciona a promoción e mellora da Fortaleza de Santa Cruz

Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra concedeu este ano unha subvención cunha dotación total de 16.058,82 euros ao Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2016, para a realización dun investimento na Fortaleza de Santa Cruz. 

 A Corporación local destinou o importe da axuda á mellora das instalacións e dos recursos turísticos da fortaleza guardesa, coa grabación de material audiovisual explicativo e promocional  e a adquisición de novo equipamento para o Centro de Interpretación da Fortaleza. O custe total do investimento quedou cuberto pola concesión da Deputación provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario