7 de set. de 2017

A GUARDA

EMPRENDER A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS 

FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A XUVENTUDE EMPRENDEDORA  



 Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso para Emprender a través das Novas Tecnoloxías baixo a colaboración da Concellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.   

 Trátase dun proxecto encamiñado a crear un espazo de comunicación para a mocidade sobre as potencialidades de uso das novas tecnoloxías ao mesmo tempo que se fomenta a idea de empregabilidade a través da rede.   

 Esta actividade está dirixida a mozos e mozas desempregados/as preferentemente de entre 16 a 35 anos. O horario é de 16:00 a 21:00 h. os luns, mércores e venres. Iniciaremos estes talleres o 25 de setembro e finalizaremos o 13 de outubro, cubrindo un total de 50 h. e onde emitiremos un certificado de participación.   

 O taller completo é gratuíto e temos como emprazamento a Aula de Informática de San Benito (Praza San Benito, 2-3 -36780 de A Guarda). É imprescindible realizar a inscrición a través do formulario que atoparás na web www.erguete.org 

 Os módulos temáticos son os seguintes: 

- Talller “MARKETING DIXITAL” – 10 h. 
a. Que queres facer? 
b. Como o queres facer? 
c. Cando o vas a realizar? 
d. Onde o vas a facer?

- Taller “REDES SOCIAIS” – 20 h. 
a. Cal será a máis acertada para a túa idea? 
b. Utilización da rede 

- Taller “APPS” – 15 h. 
- Proxecto individual – 5 h.   

 Podes descargar o cartel informativo e o formulario de inscrición en www.erguete.org 

 Tamén podes solicitar máis información na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador - 1º andar) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no correo electrónico: emprego@erguete.org

Ningún comentario: