5 de set. de 2017

A GUARDA

A CASA DOS ALONSO ACOLLE A EXFIMIÑO, 2017

A mostra filatélica que conmemora o 50 aniversario da marca EXFIMIÑO, poderá visitarse ata o domingo día 10 de setembro

De esq. a der.: Joaquín Miguel Villa Álvarez, Luciano Lomba Vicente, Valentín Suárez Alonso, Antonio Lomba Baz, Monserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez, no acto de apertura da EXFIMIÑO, 2017
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde a tardiña do luns día 4 de setembro, a Casa dos Alonso, na Praza do Reló, acolle a Exposición Filatélica EXFIMIÑO, 2017, que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG).

 No acto de apertura, que contou coa participación do presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentín Suárez Alonso; do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; da deputada provincial de Emprego, Monserrat Magallanes Álvarez; da concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez; do historiado Joaquín Miguel Villa Álvarez; e do presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), Luciano Lomba Vicente, así como de recoñecidos filatélicos do Rosal e da Guarda; membros da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, directivos de varias entidades culturais e sociais, e por suposto, veciños de A Guarda; deu á benvida a tódolos presentes, o presidente da SFNG, Luciano Lomba Vicente, quen, en nome propio e de toda á xunta directiva da SFNG, agradeceu o apoio recibido tanto do Concello como da Deputación de Pontevedra e de FEGASOFI. 

Vista parcial do respectable público que asistiu o acto de inaguración

 A continuación interviu Joaquín Miguel Villa Álvarez, quen salientou o feito destacable de conmemorar 50 anos dunha marca filatélica - EXFIMIÑO -, creada pola SFNG, sendo presidente da Sociedade Filatélica e Numismática, Francisco Sobrino Rodríguez; e que desde o ano 1967 ven sendo empregada nas exposicións filatélicas que organiza periódicamente a SFNG. 

 O activo historiador tamén salientou que o boletín da SFNG tamén se denomina EXFIMIÑO.


Villa Álvarez - a esquerda da imaxe - na súa disertación

 Na súa intervención, Villa Álvarez fixo fincapé nunha idea, fundamental, para á supervivencia de calquer entidade, neste caso da SFNG, e dixo que se trata de unha sociedade con un obxectivo - a filatelia - e que o longo dos tempos contou con dilixentes directivos. Así, namentras outra entidade - a Sociedad Pro-Monte Santa Tecla - está a piques de desaparecer, precisamente por haber acadado seus obxectivos fundacionais, e levar preto de 40 anos sen actividade; a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa amosa unha actividade constante e continuada no tempo, factores fundamentais para súa pervivencia.

 Logo de Villa Álvarez, o presidente da SFNG cedeulle o turno de palabra o presidente de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso, quen ademais de saudar a tódalas representacions institucionais, felicitou a SFNG por esta nova EXFIMIÑO, na que participan algunhas das mellores coleccións filatélicas existentes en Galicia.

 Pola súa parte, a concelleira de Cultura, agradeceu o esforzo da directiva e membros da SFNG por todo o traballo que desenvolven o longo do ano, e dixo que é unha satisfacción poder colabourar desde o Concello de A Guarda, nas actividades que veñen desenvolvendo.

 A concelleira e deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez, tamén destacou a enorme labor que realiza a SFNG, e proba dela é esta EXFIMIÑO e tódalas que viñeron organizando en anos precedentes.

 E finalmente, sería Antonio Lomba Baz, alcalde A Guarda, quen - como xa o fixeran as persoas que lles precederon nas súas respectivas intervencions - felicitaría a xunta directiva e membros da SFNG, por haber levado a bó termo esta EXFIMIÑO, 2017, e porque coa súa labor cultural, acreditan a vitalidade que posúe a SFNG, que o igoal que as demáis entidades existentes no termo municipal de A Guarda, demostran que a Cultura está moi viva no noso pobo, e que goza de boa saúde. Polo tanto, apoiar desde o Concello de A Guarda actividades como esta, é o que corresponde.

 O alcalde dixo tamén que a asistencia a este acto de apertura, sen ser moita, tamén é certo que non é pouca. Por iso reiterou que o movemento sociocultural do noso municipio está moi activo.




Cuño conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017

 Logo das diferentes intervención, e coa colaboura de José Luis Franco Rodríguez, jefe da oficina de Correos de A Guarda, chegou o intre de pór en circulación un selo persoalizado coa imaxes dos monumentos existentes no Pico do Facho, no Monte Santa Trega, e un cuño conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017, que a petición da SFNG, lle foi concedido pola Dirección de Correos, e cuxo orixinal - inspirado na portada do catálogo da II Exposición Filatélica que organizou o Grupo Filatélico Guardés e primeira EXFIMIÑO en 1967 - é da autoría do deseñador Ángel Pérez Álvarez. Tamén foi editado un sobre conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017.


Posta en circulación do selo, cuño e sobre conmerativos da EXFIMIÑO, 2017

 Compre salientar que como ven sendo habitual nas exposición filatélicas que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), tamén foi editado e publicado o número 38 do EXFIMIÑO, Boletín Informativo da SFNG, no que ademáis dde informar sobor dos filatélicos participantes nesta edición e das súas correspondentes coleccions que presentan, faise un interesante repaso as diferentes exposicións que organizou en edicións precedentes a SFNG. 

 En definitiva, grazas a labor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), a vila de A Guarda, é unha vez máis, un destacado lugar de referencia para tódolos afeccionados o coleccionismo filatélico.

 A exposición EXFIMIÑO, 2017 pode visitarse ata o día 10 de setembro, de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.. A entrada é de balde.

GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario