13 de set. de 2017

ALLARIZ

XV MERCADO DE ARTESANÍA “ARTE DE MÁN”

A cita, que reuniu a un total de 37 artesáns galegos, tivo lugar na Praza Maior e na Praza de Abaixo

O Mercado de Artesanía “Arte de Man” saiu ás rúas de Allariz
Fotos: Santiago Baz Lomba

Infogauda / Allariz


 O casco histórico de Allariz - unos dos máis fermosos de Galicia - acolleu o pasado domingo, 10 de setembro, unha nova edición do Mercado de Artesanía “Arte de Man”. A cita, que reuniu a un total de 37 artesáns galegos, tivo lugar na Praza Maior e na Praza de Abaixo en horario 11:00 h. a 20:00 h.  


 Arte de Man ofreceu exposición e venda de distintas disciplinas artesás como a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro ou madeira, entre outros. 


 Ademais, a xornada completouse con varios obradoiros e demostracións ao vivo, de cestería, elaboración de tecidos con tear, de barquiñas de papel para público familiar, de encadernación xaponesa para adultos, elaboración de gaitas tradicionais e tamén se achegaron ata Allariz as palilleiras de Ourense.  


 Esta foi a edición con máis participación de artesáns nunha aposta do Concello de Allariz pola artesanía galega, a innovación e o deseño.

Ningún comentario: