12 de set. de 2017

AROUSA

UNHA VISITA Á CARRIL "PARAÍSO DA AMEIXA"  

Fotos: Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / Arousa


 As veces o viaxeiro, mesmo o autóctono, anda a procura de un lugar onde pasar uns intres que lle permitan sair da rutina, e darlle - siquera de cando en vez -, unha tregua a loita pola supervivencia. E se temos esa vontade, ou necesidade, de sair a espallar un chisco, en Galicia temos un abano moi amplo de suxerencias. Unha delas, entre outras moitas, ben pode ser achegarnos a Ría de Arousa, onde, entre outros lugares ben fermosos temos a parroquia de Santiago de Carril - ou Carril, simplemente -, coñecida pola calidade das súas ameixas, e como non, pola labor das súas xentes, maioritariamente vencelladas o mar.

 Carril, como tódolos lugares, para coñecela como ben merece, hai que visitala sen presas, saboreando cada un dos intres con que nos autoagasallemos.

 Ten preto á illa de Cortegada, e as parroquias veciñas de Bamio, Arealonga, Vilagarcía de Arousa - cabeceira do concello - Vilaxoán, Rubians, Cea,..., e moi preto tamén, os concellos de Catoira, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa,..

 Nunha desas visitas a Carril, poderemos ollar o traballo das mariscadoras a pe, e tamén dos seus colegas varons, que faenan a flote, nas embarcacions que hoxendía relevaron aquelas outras tradicionais, que non eran tan veloces, pero que sí tiñan acugulada moita sabiduría dos vellos carpinteiros de ribeira, herdada ó longo de centurias de oficio artesán, e de navegación a vela.

 Hoxe falamos de Carril - Paraíso da Ameixa -, pero ben podíamos suxerir moitas outras visitas a enclaves ben fermosos, en calquer outro lugar da Ría de Arousa, nas Rías Baixas,..., pero iso queda para outro día. 

Ningún comentario: