16 de set. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONMEMORA O CENTENARIO DO P. BALTASAR MERINO

O domingo día 24 de setembro, ás 12:00 h., en Chans (Monte Santa Trega)

Tarxeta de invitación que á Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos está entregando, si ben o convite a asistir os actos programados faino extensivo a toda cidadanía

Infogauda / Camposancos

  A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, ten na súa axenda a homenaxe que o vindeiro domingo día 24 de setembro, ás 12 do mediodía, en Chans (Monte Santa Trega), lle tributará o maior botánico de Galicia, o xesuita P. Baltasar Merino y Román (Lerma (Burgos) 1845 - Vigo, 1917), decrarado Científico Galego 2017, pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), no centenario do seu pasamento.

 O P. Merino residiu durante 30 anos no Colexio dos Xesuitas, da Pasaxe (Camposancos), onde foi profesor e fixo a súa gran obra - Flora descriptiva é ilustrada de Galicia - no eido da Botánica, ademais de publicar outros traballos como Algunas plantas raras que crecen espontáneamente en las cercanías de La Guardia e Viajes de herborización por Galicia; e tamén na Meteoroloxía, sendo o científico pioneiro nos estudos sobor das borrascas.

 No que respecta a Meteoroloxía, o P. Baltasar Merino publicou, entre outros, os seguintes traballos da súa autoría:  El clima de La Guardia (Madrid, 1889) e Resumen de las observaciones meteorológicas en el colegio de La Guardia (1881-1890). Cuaderno Primero (1891). 

 Entre 1887 e 1905 fíxose cargo do Observatorio Meteorolóxico do Colexio, unha instalación considerada como das mellores do seu xénero no país. Dos seus estudos sobre asuntos meteorolóxicos deu conta, no período 1889-1897, en varias publicacións, incluíndo a propia do Observatorio. Ademais das habituais observacións estudou as borrascas da costa occidental de Galicia (Merino, 1893) e a composición fisicoquímica da auga meteórica; neste traballo relaciona chuvia e temperatura e inclúe análises do contido en cloro e amoníaco, que deberon ser dos primeiros no Estado español.

 "A Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o ano 2017 a este sabio no campo da Botánica e da Meteoroloxía e na Comunidade de Montes Veciñais en Man común de Camposancos (A Guarda), quixemos sumarnos a efeméride. Por iso decidimos colocar no Parque de Chans, no monte Santa Trega, unha escultura deseñada polo arquitecto Mauro Lomba Martínez, e adicarlle ese parque, que a partires de agora se chamará "Parque do Pai Baltasar Merino", dixo a Infogauda José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.   

 Na homenaxe que os comuneiros de Camposancos lle tributarán o P. Baltasar Merino, falarán sobre súa vida e obra, ás seguintes persoalidades: 

· D. Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega de Ciencias. 
· D. Ermelindo Portela Silva, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela.
· D. Mauro Lomba Martínez, arquitecto nado en A Guarda e que ten o seu estudo en Pontevedra.
· D. Iván Mirón Cabaleiro, Director Xeral do Colexio Apóstol Santiago, de Vigo. 

 O rematar servirase un viño do Rosal, de Adegas Terras Gauda.                                                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario