11 de set. de 2017

CULTURA

QUEIMAN E POUSA EN MÉXICO

Actuarán na famosa Cantina Nº 1 e no Centro Galego de México




Infogauda / Redacción 

 A vindeira semana Bruxo Queiman e Andrea Pousa viaxan a México CDMX e farán unha xira por diferentes puntos da cidade. O éxito de Queiman e Pousa fíxose soar en México, onde os mexicanos insistiron de que os artistas deberían visitar México, convidándoos a actuar para así promocionar e divulgar o seu traballo, interesante non so para os galegos residentes en México, senon tamén para o público en xeral. 

 Ademáis, presentarán o seu último traballo unha produción sobre o Himno de Galicia  “O HIMNO por Andrea Pousa”, un libro, CD e DVD. Este ano cúmprense 110 anos do Himno galego e 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal. Este proxecto é unha boa forma de ensinar a Historia do noso Himno e por qué surxiu. 

 Un proxecto audiovisual creado, ideado e producido por Queiman e Pousa,  en homenaxe aos emigrantes e a todos os galegos e galegas que defenderon e defenden a nosa lingua, levándoa polo mundo adiante como un signo peculiar e diferenciado. 

 Actuacións principais: 

· Xoves 21
“10º Aniversario de Umegal” (Unión Mexicana de Empresarios Galegos), será na famosa Cantina Nº 1 - Avenida Cuauhtémoc 150, Roma Nte. -, de México. CDMX.   Un acto personalizado á emigración galega residente en México. 

· Venres 22
Actuación no Centro Galego de México - Colima Nº 194, Colonia Roma Norte, Ciudad de México. CDMX -, con outro espectáculo personalizado á emigración, coa colaboración de grupos residentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario