19 de set. de 2017

SALCIDOS (A GUARDA)

Salcidos en Branco e Negro prepara o seu primeiro libro

A tirada será limitada e non serán moitos os libros que queden dispoñibles para a súa adquisición fora das reservas



Informa: Salcidos en Branco e Negro

 Despois do éxito das exposicións, nesta última contando con mais de 750 visitantes, Salcidos en Branco e Negro da un paso importante e prepara o seu primeiro libro, que será unha pequena recopilación do fondo fotográfico da parroquia.   

 Era unha demanda dos veciños que sempre fora posposta por falta de financiación e a complexidade de aventurarse a autoedición. Pero o grupo de veciños que compoñen o grupo de Facebook "Salcidos en Blanco y Negro" botouse o monte e ideou un sistema para poder autofinanciar o libro a través dun "crowfunding de aldea", que é como lle chaman a venda anticipada dos exemplares a precio practicamente de custo, pudendo adquirir vales de reserva de 2 exemplares a 10 euros o vale.   

 Deste xeito os veciños poden reservar o libro que sairá en decembro e retiralo coa presentación da papeleta. Así, ademáis de ter unha referencia da demanda do libro, os organizadores poderán facer fronte os gastos de impresión sen necesidade de ningún tipo de financiación externa. Os vales estarán a venda en 5 locais da Guarda: Perruquería Gustavo, no Coruto; Estanco Altamar, Cafetería do Recreo Artístico Guardés, Tenda do Cruceiro Pinto, en Salcidos e Agrícola Agro Jade, en Pintán, os que agradecen enormemente a súa colaboración.   

 Estes establecementos terán dispoñibles os vales ata finais de outubro, ou ata que se esgoten. Animamos os veciños que queiran desfrutar de fermosas imaxes da súa parroquia a adquirir os vales para poder garantir existencia do libro, xa que a tirada será limitada e non serán moitos os libros que queden dispoñibles para a súa adquisición fora das reservas.  

 A aceptación nos primeiros días de venta de vales foi moi boa, superando incluso as expectativas, algo que pon en valor o esforzo e a implicación dos nosos veciños que non dubidan en apoiar este tipo de actividades colaborativas en pos da recuperación da memoria da parroquia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario