22 de set. de 2017

TOMIÑO

“As cores do comercio de Tomiño”


ADETO / Tomiño

 Adeto pon en marcha unha iniciativa para incentivar o comercio de proximidade.  Trátase dunha campaña na que os clientes que fagan as súas compras nos establecementos dunha cor, por un importe mínimo, recibirán 1€ de desconto para poder comprar nun establecemento doutra cor.


A campaña presentouse o venres día 22 de setembro e rematará o día 31 de outubro.  

 Esta iniciativa busca potenciar e apoiar ós comercios asociados así como dar a coñecer ó público comercios de nova apertura ou que a xente non sabe que están alí ou qué produtos teñen. Dende Adeto expoñen que é vital potenciar a necesidade veciñal de realizar o maior número de compras no comercio local, xa que iso leva a unha mellora na economía local. 


 É unha campaña nova e non será a última, xa que forma parte do proxecto para  mellorar a competitividade do comercio e chegar a facer a “Marca Tomiño”, despois dun ano no que se leva traballado, facendo talleres formativos, enquisas, estudios da situación do comercio, a hostalaría e os servizos, etc. e que se espera continuar no ano próximo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario