22 de set. de 2017

TOMIÑO

TOMIÑO SACA Á RÚA OUTRA FORMA DE MERCADO NUNHA APOSTA POLA BIOCULTURA E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE 

O BIOMERCADO DE TOMIÑO CHEGA ESTE DOMINGO A SÚA III EDICIÓN

Os organizadores do  Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez de Ekohuerta, fixeron a presentación aos medios no mercado de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida máis de 60 expositores dos que a lo  menos 20 serán de Alimentación saudable. Os organizadores do  Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez de Ekohuerta, fixeron a presentación aos medios no mercado de Tomiño. 

 As diferentes actividades terán lugar en toda a contorna da praza de Seixo, tanto dentro do Mercado como fóra, integrando a Casa do Concello onde se darán as charlas. Isto súmanse os postos habituáis do Mercado cunha activa e atractiva participación, pondo en valor a aposta continua deste concello polo benestar, a ecoloxía, a biocultura, o mercado de proximidade e a dinamización do mercado local.  

 A programación iníciase coa apertura dos postos ás 11h. Ao longo de todo  o día desenvolveranse talleres relacionados coa alimentación e técnicas culinarias (elaboración de almíbares, con Amparo Grandío, extracción de mel por Apícola  Requeira, comida vegana, etc) e charlas de temas diversos (Vespa velutina por Claudio Fraga, minicharlas sobre compra saudable, plantas silvestres, interpretación nutricional da etiquetaxe por Silvia Méndez, etc). Simultaneamente haberá actividades lúdicas (música en directo, zumba, cociña infantil, maxia, etc.) e unha intensa actividade de oferta degustativa.  

 Cabe mencionar, como novedade de interese, as mini charlas na Casa do Concello sobre a lista da compra e técnicas de cociña biosaudables, a etiquetaxe nutricional e o uso das plantas silvestres na alimentación, a cargo da bióloga Silvia Méndez e do experto en agricultura ecolóxica, Sergio Mejide.

Ningún comentario:

Publicar un comentario