18 de out. de 2017

A GUARDA

O obradoiro sobre técnicas para falar en público impartirase os días 26 de outubro e 2 de novembro  



Infogauda / A Guarda

 A OMIX do Concello de A Guarda ven de comunicar que o obradoiro “Comunicación eficaz: técnicas para falar en público”, programado para os días 19 e 24 de outubro, ten que cambiar as súas datas de instrución por razóns ligadas á saúde da formadora. Así as cousas, o taller celebrarase finalmente os días 26 de outubro e 2 de novembro, mantendo o seu horario orixinal (de 17 a 20 horas) na Casa dos Alonso.   

 No obradoiro traballaranse as técnicas de comunicación verbal e non verbal, a escoita activa, a asertividade e a empatía, así como os mecanismos para superar o medo a falar en público. Buscarase, como idea principal, mellorar a comunicación social, así como as relacións no medio laboral ou en outros ámbitos da vida cotiá.  

 As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario