17 de out. de 2017

A GUARDA

DEPORTES

ÁLVARO PINO, EZEQUIEL MOSQUERA, GUSTAVO OTERO, OSCAR PEREIRO,... PARTICIPARÁN NO EVENTO "VELLAS GLORIAS DO CICLISMO"

Organizado polo Club Ciclista O Rosal



Infogauda / A Guarda

 Este sábado 21 de outubro ás 17:30 horas, con saída dende a Alameda da Guarda, marcha "vellas glorias do ciclismo".

 Están confirmadas as participacións de Álvaro Pino,  Ezequiel Mosquera, Gustavo Otero, Oscar Pereiro,..., entre outras figuras do ciclismo.

 Nesta proba ciclista que terá lugar en A Guarda, recuperarase o antigo circuito e con final no Monte Santa Trega.   

 NORMATIVA DA PROBA:  

- Non poderán participar aqueles ciclistas que participaran en categoría Élite ou profesional en calquera dos anos 2015, 2016 ou 2017. 

Categorías: 
- De 34 a 43 anos 
- De 44 a 53 anos 
- De 54 años en diante  

 Preinscripcións: ata o día 19 de outubro no teléfono 617 817 996

 Organiza: Club Ciclista do Rosal

Ningún comentario:

Publicar un comentario