4 de out. de 2017

A GUARDA

DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN
Outono, 2017 

Profesores da UDC ofrecerán as conferencias de "Diálogos en educación" na Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda


 O executivo municipal do Concello de A Guarda deu a coñecer seu novo programa de "Diálogos en educación", que nesta edición constará de catro conferencias que terán lugar este outono na Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda), e que teñen como obxectivo convidar ao público asistente á reflexionar sobre temas relacionados coa educación.  

 A primeira das citas será o venres 27 de outubro, día no que Juan José Bueno, profesor da Universidade da Coruña (UDC) no departamento de Pedagoxía e Didácticas, falará sobre "O multiculturalismo nas aulas, problema ou oportunidade".  

 En novembro están programados dúas novas citas, unha para tratar sobre "Educación consciente: baseada en Mindfulness", e outra dedicada á "Filosofía para/coa infancia". Ambas as conferencias serán o 10 e o 24 de novembro, respectivamente. 

 A última data dos "Diálogos en educación" será o 1 de decembro, día no que Xurxo Torres, catedrático da UDC, falará sobre "Políticas educativas e as influencias neoliberais. Cara onde imos?".  

 Ditas xornadas, impulsadas hai 2 anos polo profesor José Manuel Malheiro Gutiérrez, cambian a súa axenda habitual, xa que viñan celebrándose no verán, tempada na que A Guarda conta cunha axenda cultural moi ampla. Por este motivo a partir de agora terán no outono, os venres na Casa dos Alonso ás 20:30 horas.  

 Así pois, os asistentes á presentación destas xornadas "Diálogos en educación" fixeron fincapé en que o devandito programa conta cun público moi fiel. Pola súa parte, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, non dubidou en salientar que "paso a paso, con este tipo de cousas, o mundo vai cambiando"

Ningún comentario:

Publicar un comentario