9 de out. de 2017

A GUARDA

A OMIX OFRECE EN OUTUBRO DOUS NOVOS OBRADOIROS 

Sobre deseño artesanal e comunicación social    


Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza este mes de outubro dous novos obradoiros: “Plástico máxico” e “Comunicación eficaz: técnicas para falar en público”.   

 A creación propia, a orixinalidade e o traballo manual ou artesanal serán as cualidades que se traballarán no taller “Plástico Máxico” o próximo venres 20 de outubro no antigo Colexio Sinde. Nesta actividade, de dúas horas de duración (de 19:00 a 21:00 h), aprenderemos a elaborar diferentes obxectos de bixutería e decoración.   

 No taller “Comunicación eficaz: técnicas para falar en público”, pola súa parte, traballaranse as técnicas de comunicación verbal e non verbal, a escoita activa, a asertividade e a empatía, así como os mecanismos para superar o medo a falar en público. O obradoiro levarase a cabo no Centro Cultural os días 19 e 24 de outubro entre as 17:00 e as 20:00 horas e busca, como idea principal, mellorar a comunicación social, así como as relacións no medio laboral ou en outros ámbitos da vida cotiá.  

 As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario