24 de out. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ARRANCA O "OUTONO CULTURAL DE CAMPOSANCOS"

Está organizado pola Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos 



Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 A Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, continúa dinamizando o pobo, organizando e desenvolvendo diferentes actividades socio culturais ó longo de todo o ano. Agora mesmo, o programa máis inmediato é o "Outono Cultural".

II CICLO DE CINEMA 

 Á primeira cita será o sábado día 28 de outubro, ás 20:30 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, coa posta en marcha do segundo Ciclo Camposancos de Cine. Nesta ocasión, coñeceremos tódolos segredos de "Era visto". Unha serie da TVG distinta, nun mercado cambiante”.

 Intervirá Daniel González Portela, coordinador creativo da televisión pública de Galicia, e montador/postproductor da devandita serie televisiva.

II FESTA DO SAMAÍN

 O día 31 de outubro, terá lugar á Segunda Festa de Samaín. O programa dese día comezará ás 17:00 h. con un obradoiro de cabazas. Cada participante deberá levar ás súas cabazas para facer ás tallas.  


 Despois do obradoiro das cabazas terá lugar unha Festa Monstruosa, con unha merendola (quen queira pode contribuir con un postre terrorífico), chocolatada e un obradoiro de maquillaxe.

 A xornada rematará con unha Andaina Terrorífica polas rúas de Camposancos.

 O sábado día 11 de novembro, ás 20:30 h., proxección do filme "SEICA DISQUE" (2011), dirixido por Reme, sendo a primeira producción de cinema do Grupo San Roquiño, de Goián.

 Sipnose de "SEICA DISQUE"

 Ramona, unha nai desesperada por casar ao seu fillo, remove Roma con Santiago para atopar unha boa moza casadeira, creándose situacións cada vez máis delirantes. 

 Rodada integramente en Goián, os seus exteriores son unha pasada. Seica disque anda o Spielberg con ganas de gravar algunha peli súa por aquí.

OBRADOIRO DE TEATRO


 Tamén ofrecemos a posibilidade de que a quen lle guste o teatro poder iniciarse, xa que ofrecemos un obradoiro, para o cal será necesario xuntar un mínimo de asistentes o curso”, dixo á Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da activa Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.

 De acadar o número mínimo de participantes, as sesions do obradoiro de teatro será os sábados, de 15:30 h. a 17:30 h., na Casa Cultural de Montes de Camposancos.

MÚSICA E PALABRAS

 Asemade, neste mes de outubro xa deu comezo á segunda tempada de Música e Palabras, un evento cultural que terá lugar cada primeiro sábado de mes, ás 20:00 h., e no que poderemos disfrutar con música en vivo, con Bieito Solo; poesía, relatos curtos, lectura de textos propios ou de outros autores, etc..

 A vindeira sesión de Música e Palabrasserá o sábado día 4 de novembro. 

 Quen queira subir espontáneamente o estrado a recitar un poema ou a ler algo en prosa, será mui ben acollido, conclúe José Fernando Martínez Martínez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario