7 de out. de 2017

CULTURA

RECANTO DA ARTE

“AS CORES DA ALMA”, DE CAÍNO VASCONCELLOS, LOCEN NA BOA VILA

O pintor baionés mostra súa obra pictórica na sala de exposición do Palacete das Mendoza

O pintor Caíno, na sala de exposición do Palacete das Mendoza
Foto: Loli Estévez Álvarez

Ricardo Rodríguez Vicente / Pontevedra

 Unha persoa que ama ao seu pobo, que vive, goza, sofre e traballa día a día, na súa Baiona natal, a vila que está presente na súa obra artística, ten un nome propio: Claudio Vasconcellos Cabral. Caíno, no ámeto artístico, cultural e social. 

 Ninguén como Caíno soubo reflectir á beleza natural da Abóbriga - que para algúns autores foi o primitivo topónimo de Baiona -, ou de Balcagia, como seica adoitaban chamarlle as tropas de Gaius Iulius Caesar á vila de Erizana.

 Caíno coñece tódolos outeiros desde os cales ainda se pode ollar a mansa badía baionesa, súas praias, a Ribeira, o peirao, as Illas Estelas,..., e todo cando á Natureza nos legou desde o comezo da vida, e que o ser humano non sempre acertou a conservar do mellor xeito para ás xeracións futuras.

 Todo ese entorno medio ambiental forma parte da memoria de Caíno e tamén da súa obra. Máis o pintor baionés, sinte especial predilección polas persoas. Por esas mulleres e fillos de mariñeiros, polos pescadores,..., de facianas cáseque hieráticas, de olladas perdidas na lonxanía azul do mar e do ceo. 

 Caíno sinte verdadeira devoción e respecto pola figura humana, e a partires deses valores persoais, tamén crea seres antropomorfos de enigmática beleza.

Obra de Caíno
Foto: Infogauda

 Na obra deste artista - debuxante, pintor e poeta - miñorán teñen cabida tamén as imaxes das embarcacions fondeadas no peirao e os reflexos acuáticos que xeran no seu compás de estribor a babor, ou viceversa, co abano da brisa salgada. A mesma que dibuxa riscos nas facianas das mulleres e homes do mar. Os protagonistas da obra do pintor Caíno.

 O pintor baionés tamén sinte atracción polas romarías, como á das noces e do mel, polo San Cosme e San Damián, que cada 26 de setembro ten lugar na praza de Santa Liberata, ou a de Santa Marta, na península do mesmo nome, onde o corsario Francis Drake deixou súa perversa pegada. 

 A paisaxe rural e a mariñeira, tamén ten seu oco na obra de Caíno. Iso demostra claramente que non é un pintor encorsetado, senón todo o contrario. Caíno é un creador poliédrico. Que disfruta co que fai e que comparte súa emoción con tódalas persoas que se achegan a súa labor artística. 

 E unha mostra da súa producción podémola ollar na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, na Praza de Santa María, s/nº, na cidade de Pontevedra. A Boa Vila, que dá de beber a quen pasa, como gustaba decir ó escritor, poeta e xornalista mindoniense D. Álvaro Cunqueiro Mora.

 A exposición que leva por título xenérico “As cores da alma”, e está configurada por 30 obras - maioritariamente óleos - pode visitarse ata o vindeiro día 20 de outubro de 2017, nos seguintes horarios:

 De luns a venres, de 8:00 a 20:00 h.

 Sábados de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

 Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 h.

 Dese xeito, “As cores da alma”, de Caíno, locen na Boa Vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario