18 de out. de 2017

ESTÁS (TOMIÑO)

O BNG ORGANIZA NO BAIXO MIÑO UN ACTO PÚBLICO SOBRE O FUTURO DO MONTE COMUNAL

Coa colaboración da Organización Galega de Montes 

O sábado 21 de outubro, a partir das 11:00 h., na Casa da Cultura de Estás (Tomiño)


Infogauda / Estás (Tomiño)

 Galiza ten a maior parte do seu territorio como superficie forestal, 1,8 dun total de 2 millóns de hectáreas, unha cifra moi superior aos países do entorno nos que a situación é a inversa e teñen unha superficie agraria utilizada maior ca destinada a monte.  

 O BNG considera “fracasada” a política impulsada polos sucesivos gobernos do Partido Popular “centrada no monocultivo forestal” con especies de baixo valor engadido como o eucalipto.  

 É hora de  acabar co abandono do monte galego como maneira de recuperar unha parte clave do territorio e do medio rural, e, para profundar neste eido, o Bloque Nacionalista Galego organiza coa colaboración da Organización Galega de Montes, un acto público aberto, este sábado 21, a partir das 11:00 h., na Casa da Cultura de Estás (Tomiño), no que intervirán:

· Sandra González (alcaldesa de Tomiño).
· Xosé Alfredo Pereira (presidente da Organización Galega de Montes).
· Xosé Luis Rivas "Mini" (deputado no Parlamento Galego).

 A xornada completarase visitando tamén proxectos levados adiante pola Comunidade de Montes Veciñais e Man Común de Estás. 

 Para asistir cómpre reservar praza no teléfono 616 090 632 ou no seguinte enderezo electrónico: baixominho@bng.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario