12/10/2017

TUI

O PP considera que Villares debería comezar a preocuparse pola inestabilidade que xeran alí onde gobernan  

• Desde o PP explícanlle a Villares que Tui non ten mar, e que o Podemos é a sétima forza  

José Alberto Pazos Couñago, deputado autonómico do Partido Popular
Foto: P. de G.


Infogauda / Tui

 O deputado autonómico, José Alberto Pazos Couñago, recoméndalle ao voceiro de En Marea que a próxima vez que fale de Tui e da moción de censura que se informe un mínimo de cal é a realidade local.   

 “Lamentamos - dixo José Alberto Pazos - que tralo ridículo que fixo o señor Villares no debate do estado de Autonomía, demostrando o seu talante despótico e o seu descoñecemento das normas de funcionamento básico de calquera democracia vaia agora a Tui a falar do que non sabe.  

 En primeiro lugar recordarlle que Tui non ten mar, en segundo lugar o PP foi a forza máis votada e En Marea, Son, Podemos ou como queira que se chame a forza que lidera o señor Villares foi a sétima, polo que moita preocupación polo seu partido no PP non é que teñamos.   
 Agora Tui vai poder disfrutar dun goberno estable e rematar co despropósito do goberno cuatripartito formado por socialistas, ex populares, BNG e Podemos, un cuatripartito en minoría que non foi capaz de estabilizarse en máis de dous anos de goberno.  

 O deputado popular recoméndalle ademais que comece por asumir os principios democráticos que pasan por aceptar a vontade da cidadanía. “Pode facer ben apoiando a proposta do PP de que goberne a lista máis votada en cada un dos concellos galegos, e no concello de Tui a lista máis votada foi o PP, ou ben asumir que cando se aposta pola política de pactos, o lóxico é que acepte tamén os pactos aos que poida chegar o PP que neste caso de Tui tamén é máis amplo que o que o seu partido logrou para formar goberno en 2015.  

 Nesta liña, Pazos sinala que o que o PP fixo en Tui foi en primeiro lugar un exercicio enorme de diálogo que deu como resultado a reunificación do Partido Popular, resolvendo os problemas do pasado e iso conseguiuse grazas á xenerosidade de persoas que foron capaces de antepoñer os intereses de Tui aos seus persoais.   

 Como último consello, Pazos sinala que Villares debería tomar exemplo do alcalde actual que asumiu que se ía producir un cambio na alcaldía cun instrumento democrático e lexítimo como foi a moción de censura presentada.   

Ningún comentario: