10 de nov. de 2017

A GUARDA

A OMIX organiza un obradoiro de manualidades con materiais de refugallo

Os días 11, 13, 18, 20 e 27 de decembro


Infogauda / A Guarda 

 A Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha novo obradoiro de elaboración manual de adornos, agasallose outros obxectos con materiais de refugallo os próximos días 11, 13, 18, 20 e 27 de decembro.   

 «Faino ti: reciclaxe en familia»  é o nome da actividade, que se levará a cabo entre as 18:00 e ás 21:00 h., no antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde, e no que poderán participar persoas de todas as idades e perfís. A temática dos obxectos realizados centrarase principalmente no Nadal.   

 O obradoiro enmárcase no programa «Tecendo lazos» da Deputación de Pontevedra, cuxa principal finalidade é desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos que establecer espazos para o encontro entre diferentes xeracións.   

 A inscrición poderá realizarse ata o próximo 29 de novembro, entregando o formulario de solicitudecuberto xunto cunha fotocopia do DNI, certificado/volante de empadroamento e, no caso de menores de idade, autorización para participar no obradoiro.  

 As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario