14 de nov. de 2017

A GUARDA

O BNG volve presentar moción para adhesión da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés: “O BNG traballa con iniciativas a prol da reciclaxe fronte a outros modelos como a incineración”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BNG volve presentar unha moción para a adhesión do concello da Guarda ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, como un novo xeito de xestionar o lixo. Así o ven de afirmar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés, en decraracións a este xornal dixital.

 Para o BNG - sinala Baz Vicente - a xestión eficiente do lixo é un dos piares básicos para transformar A Guarda cara un concello sostíbel.  

 Ángel Luis Baz relembra: Dende a chegada do BNG á Deputación de Pontevedra este foi un dos eixos sobre os que pivota a nova forma de gobernar nos que se queren implicar aos concellos nunha xestión sustentábel e máis respectuosa co medio ambiente

 “Esperemos que despois dun ano de andadura do Plan Revitaliza, o alcalde da Guarda teña reflexionado sobre a compostaxe e aposte por este sistema de xestión ambiental. A compostaxe axudaría a rebaixar a factura do lixo con SOGAMA e, ao mesmo tempo, reducimos as emisión de gases contamiantes como o CO2 e melloramos o noso medio ambiente”, comentou o portavoz municipal do BNG.  

 O BNG sinala que este ano volve a haber liñas de axuda para a posta en marcha deste programa provincial, dos que se poderían beneficiar os guardeses e guardesas coa adhesión a este plan.  

 Dende o BNG considérase unha boa oportunidade para a Guarda de poñer en marcha un programa de compostaxe como modelo de xestión que supón dun aforro para as arcas municipais dada a redución de volume de lixo que se envía a SOGAMA, conclúe Ángel Luis Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario