20 de nov. de 2017

A GUARDA

Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros infantís da campaña «Decora o teu Nadal»  



Infogauda / A Guarda

 Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Guarda organiza tres obradoiros de decoración de Nadal pensados para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, dentro das actividades programadas na campaña Decora o teu Nadal «Decora o teu Nadal».  


 Os máis pequenos poderán aprender a construír adornos de Nadal para decorar o Concello, a Praza de Abastos e a Recepción Real, os sábados 9 e 16 de decembro e o martes 2 de xaneiro, respectivamente. Todos os obradoiros realizaranse na Casa dos Alonso, de 11:30 a 13:30 h.   

 O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de decembro e poderá realizarse de maneira presencial no Departamento de Cultura, chamando ó 986 610 000 (ext. 5) ou enviando un correo electrónico á dirección cultura@aguarda.es. 

 “Dende o Concello da Guarda animamos a todos os rapaces e rapazas a participar na elaboración desta decoración de Nadal que tanto éxito acadou en anos anteriores, logrando que a nosa vila se se engalane, non só coa decoración do Nadal, senón tamén coa colaboración e a ilusión de tódolos guardeses e guardesas, exhortou Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura, Educación e Xuventude.

Ningún comentario:

Publicar un comentario