19 de nov. de 2017

DEPORTES

INMELLORABLE ÉXITO PARA A ESCOLA DE BASE DO ATLETISMO TREGA, DE TOMIÑO

ESTE FIN DE SEMANA EN "O BORRALLIÑO" CUNHA NOTA DE SOBRESAINTE, LOGROU GRANDÍSIMOS RESULTADOS

NO IMPORTANTE CROS ZONAL ESCOLAR CLASIFICATORIO DO BAIXO MIÑO DE CAMPO A TRAVÉS, DA TEMPADA 2017/2018 DO PROGRAMA XOGADE, DA XUNTA DE GALICIA 

CUN RECONTO FINAL DE 4 OUROS, 3 PRATAS, 3 BRONCES EN INDIVIDUAL E 4 OUROS POR EQUIPOS 


 Informa: Atletismo Trega / Tomiño

 Na mañá do sábado 18 de novembro, cunha temperatura agradable, para esta estación outonal na que estamos, a área recreativa do Borralliño (Soutelo) Salceda de Caselas, acollía o campionato zonal de campo a través clasificatorio, controlado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño (AgruDeBam) onde nos agardaba unha gran xornada de competición. 

 Os nosos deportistas saíron a por todas, tendo unha ampla representación de 27 atletas e metendo a todos, clasificados para a segunda fase. Incrible e histórico. Os números falan por si sós. 


 Ás 10:30 arrincaba a primeira competición benxamín feminino cuxa clasificación individual foi a seguinte: 

2ª Amanda Martínez Sierpes (CEIP de Sobrada-Tomiño) 
3ª Mara González Carreira (CEIP Pintor Antonio Fernández-Goián) 
4ª Paula Rocha Bautista (CEIP pintor Antonio Fernández-Goián) 
22ª María Rodríguez Martínez (C.P.R PP. Somascos-A Guarda) 
54ª Paula Martín Pousa (CEIP Pintor Antonio Fernández-Goián) 

Clasificación por equipos: Primeiras.



 Sobre as 10:40 h. tocáballe en segundo lugar aos homes benxamín masculino onde os resultados a nivel individual foron: 

2º David Domínguez Lindo (CEP Pedro Caselles Beltrán-Mosteiro-Tomiño) 
4º Yeray Dacuña Sierpes (CEIP Sobrada-Tomiño) 
7º André Álvarez Rodríguez (CEIP Sobrada-Tomiño) 
15º David Martínez Alonso (CEIP Sobrada-Tomiño) 
26º Aarón Dacuña Sierpes (CEIP Sobrada-Tomiño) 
57º Brais Montes Dacuña (CEIP de Randufe-Tui) 

Clasificación por equipos: Primeiros. 


 Seguindo o itinerario, tocáballe a quenda ás 10:55 h. aos nosos alevíns femininos onde conseguiron os seguintes resultados a nivel individual: 

1ª Elisa Morgado Rodríguez (CIP Manuel Súarez Marquier - O Rosal) 
3ª Carmen Magallanes Pérez (C.P.R. PP. Somascos - A Guarda) 
5ª Mara Romeu Vicente (CEIP As Solanas - A Guarda) 
6ª Alba Panadero Rodríguez(C.P.R. PP. Somascos - A Guarda) 
20ª Aina Bolea Díaz (CEIP Pintor Antonio Fernández - Goián) 
30ª Carla Rocha Bautista (CEIP Pintor Antonio Fernández -Goián) 

Clasificación por equipos: Primeiros.


Ás 11:10 h. chegáballe a hora ao último equipo que representou ao Atletismo Trega cos resultados por individual seguintes: 

1º Álex Sierpes Pereira (C.P.R. PP. Somascos - A Guarda)
2º Christian Sierpes Pereira (C.P.R. PP. Somascos - A Guarda) 
11º Marco Martínez Rial (CEIP A Sangriña - A Guarda) 
23º Óscar Eiras Castro (S.J.HH. Carmelitas - A Guarda) 
56º Sergio Morades Rodríguez (CEIP A Sangriña - A Guarda) 
Daniel Alonso Barreiro (C.P.R. PP. Somascos - A Guarda)


Clasificación por equipos: Primeiros.


 E seguindo, ás 11:25 h. con representación individual esta vez, a categoría infantil feminino obtendo os seguintes postos: 

1ª Marcela Morgado Rodríguez (CIP Manuel Suárez Marquier- O Rosal) 
5ª Antía Rodríguez Otero (CEIP Pintor Antonio Fernández-Goián). 

 Cunha meritoria e traballada praza, certificando o seu pase tamén para os provinciais. Bravo Antía!  


 E por último ás 12:30 h. xa tan só quedaríanos a representación na categoría de cadete masculino onde a súa orde foi: 

1º Hugo Domínguez Lindo (IES Antón Alonso Ríos-Tomiño). Moi ben merecido despois dun gran esforzo xa que viña de estar parado por molestias dunha escordadura. Felicidades! 
3º Javier Sanz Berridy (C.P.R. PP. Somascos-A Guarda) e destacar tamén un meritorio posto de Berridy pola súa vontade e entrega. 

 Apuntar e recoñecer ao club que desenvolve o amplo abano con todos os centros escolares do Baixo Miño, agradecerlles aos colexios que traballen connosco directamente e indirectamente súa gran labor de consentimento, para que os seus alumnos poidan optar a participar no noso club a libre consentimento. 

 Tamén recalcar o compromiso dos pais unha vez máis, atletas, adestradores, directiva polo seu esforzo. 

 E poñendo punto final, lembrar que o billete clasificatorio era para os 8 primeiros por individual e os dous mellores equipos sendo así, a S. A. do Trega de Tomiño, mobilizou a 27 atletas conseguindo historicamente a clasificación de todos os seus atletas presentados no concurso do campionato. 

 Moitísimas felicidades a todos os nosos campións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario