12 de nov. de 2017

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

XORNADA GASTROVINÍCOLA NO MERCADO DE SAN MIGUEL 

Domingo día 19 de novembro,  a partir das 12:00 h.



Infogauda / San Miguel de Tabagón

 O vindeiro domingo día 19 de novembro a partir das 12:00 da mañá e ata ás 18:00 h., no Mercado de San Miguel de Tabagón, terá lugar unha Xornada Gastrovinícola organizada polo Concello do Rosal coa colaboura da Sociedade Recreativa de San Miguel

 En caso de chuvia, celebrarase na Sociedade Recreativa de San Miguel.

 Durante todo o día exposición e venda de viños, doces e conservas artesanais, viño doce quente,...

 Pandereteiras Airiños de San Miguel, “Orballo”, “Ás 9 alí” Vento Mareiro”.  


PROGRAMA  

12:00 Apertura da Xornada Gastrovinícola no Mercado de San Miguel. 
13:00 Charla coloquio: Viños de autor no Rosal. 
13:30-15:00 Degustación de tapas variadas: polbo, navallas, e outros productos; doces artesanais,... 
16:00 Obradoiro “Cociñando con castañas”. 
17:00 Magosto/chocolatada para merendar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario