05/12/2017

A GUARDA

O Nadal guardés comezou oficialmente 

Co acendido do alumeado na Praza do Reló 
  
Vista parcial da Praza do Reló no evento do acendido do alumeado deste Nadal
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este martes día 5 de decembro, o Concello da Guarda deu oficialmente por comezado o Nadal co acto do acendido do alumeado na Praza do Reló, que ao igual que o pasado ano, converteuse nunha gran festa na que gozaron adultos e pequenos.  

  Pouco despois das 20:30 h., comezou o acto do acendido do alumeado de Nadal na Praza do Reló da Guarda, co cal o Concello da a benvida oficialmente ás datas navideñas na Vila. A concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, foi a encargada de presentar o evento, acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, que contou coa participación dun numeroso grupo de cativos e cativas para acender as luces que decoran os balcóns do Consistorio e da Casa dos Alonso.  


 O evento completouse coa actuación do Grupo Xamaraina, que animou a noite coas súas coreografías, e coa música de DJ Maci. Os asistentes puideron desfrutar tamén dun photocall e unha caravana de Nadal, cedida por Mercado do Reló, mentres tomaban chocolate quente, así como da visita de Elsa de Frozen e Tom e Jerry, cos que os máis cativos non perderon a oportunidade de sacarse fotos.

Ningún comentario: