06/12/2017

A GUARDA

A Praza de Abastos da vila conta cun ascensor panorámico

O alcalde Antonio Lomba Baz, con Monserrat Magallanes Álvarez e Miguel Ángel Español Otero, 2ª e 1º tenente de alcalde, respectivamente
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda acaba de por en funcionamento un ascensor acristalado na Praza de Abastos que conecta os dous andares. Desta maneira haberá unha comunicación accesible entre todos os postos da praza. 

 A obra foi financiada a través do plan concellos da Deputación de Pontevedra cunha achega do 70% e pola Xunta de Galicia que puxo o 30 %. 

 Desde o executivo municipal indican que esta actuación forma parte do proxecto de reforma da Praza de Abastos, unha proposta moito máis ambiciosa que, dados os recortes que a Xunta fixo nos últimos anos na subvención á reformas de mercados, non foi posible realizar. 

 O proxecto orixinal contemplaba ademais do ascensor, a reforma dos baños actuais, a construción duns novos baños na planta superior e a instalación de portas automáticas na planta baixa. Completando estas obras cun proxecto de escaparatismo. 

 O concello seguirá traballando para acometer as reformas que quedan pendentes, sobre todo as que contemplan a eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da accesibilidade.

Ningún comentario: