8 de dec. de 2017

DEPORTES

V CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE DO ROSAL 2017  

31 de decembro de 2017


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal, en colaboración con comerciantes do municipio organizan a IV Carreira Popular San Silvestre do Rosal, que se celebrará o vindeiro 31 de decembro ás 11:00 horas. 

 A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo, senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles. 

 Por esa razón, non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará a participación. 

 Os productos ou servizos sorteados serán cedidos polo Comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa. 

 Categoría Infantil: de 0 a 14 anos 
•    De 0 a 5 anos (non participan no sorteo) 
•    De 6 a 10 anos 
•    De 11 a 14 anos  

Categoría Xuvenil – Adulto: 
•    De 15 a 20 
•    De 21 en adiante.  

 A proba celebrarase o 31 de Decembro de 2017. Ás 11:00 h. realizarase a andaina e a continuación terá lugar a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a San Silvestre. 

 A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario. 

Percorrido da andaina

 A andaina terá 2.400 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 5.142 metros.

                                         Percorrido da carreira non competitiva

 Inscricións: 
 2 € por persoa participante. Ata o 28 de decembro.

 Información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986 625 000 e no Facebook Omix do Rosal.

 Documentos relacionados:

Ningún comentario:

Publicar un comentario