24 de dec. de 2017

SALCIDOS (A GUARDA)

CULTURA

SALCIDOS EN BRANCO E NEGRO
ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PARROQUIA DE SALCIDOS I

OS VECIÑOS DE SALCIDOS COMPARTEN SÚAS IMAXES CON TÓDOLOS LECTORES DO LIBRO

De esq. a der.: Antonio Fontenla Martínez, coordinador da publicación; Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio; e Ricardo Rodríguez Vicente, correspondente de prensa 
Fotos: Anselmo Martínez Pena

Infogauda / A Guarda

  Na noitiña do venres día 22 de decembro, o Centro Cultural da Vila de A Guarda acolleu o acto de presentación do libro Salcidos en blanco e negro. Álbum fotográfico da Parroquia de Salcidos I.


Unha das fotografías que foron proxectadas na pantalla do salón de actos do Centro Cultural

 Nos intres previos o evento, que comezou uns minutos despois das 20:30 h., unha serie de imaxes fotográficas proxectadas na pantalla do salón de actos foi dando á benvida a tódalas persoas que se dignaron asistir á presentación, entre ás cales, comos uns veciños máis, se atopaban o alcalde, o 1º tenente de alcalde, a concelleira de Cultura, e varios concelleiros/as doutros grupos, así como a ex alcaldesa e representantes de varias asociacions guardesas. Non é cuestión de dar nomes, porque probablemente nos quedarían algúns no tinteiro e tampouco é cousa diso.

Vista parcial do público que asistiu á presentación do libro

 Houbo ausencias, tamén hai que decilo. Probablemente todas elas por forza maior. En todo caso, que preto de 100 persoas asistisen a presentación de un libro, non deixa de ser merecente de destacarse. Sobor de todo cando, como dixo o cronista Ricardo Rodríguez Vicente non había nin viños españois, nin galegos, nin de outras denominacións, nin pinchos. E ata nin invitacions. Agás á información previa nos medios de comunicación, carteis e redes sociais. É decir, que ás persoas que asistiron fixéronno libremente. E iso fala en positivo das persoas que se achegaron ata o salón de actos do Centro Cultural, cando o máis cómodo era quedarse no quentiño, na vivenda de cada ún.


Antonio Fontenla Martínez nunha das súas disertacions

 Abriu o turno de intervencións Antonio Fontenla Martínez, que foi - ainda que el quixo compartir a autoría con tódolos salcidenses -, o promotor do libro. O que o concebiu e o que compartiu previamente cos veciños do grupo Salcidos en Branco e Negro, nunha coñecida rede social - e tódolas persoas que quixeron expresar súas opinións -, tódolos pasos que a xestación da publicación levou de xeito implícito, ata o intre de que o libro saíse a lús no mesmo día da presentación, para satisfacción de todos, como así coidamos. Ou alomenos, dunha grande maioría. Porque xa se sabe, que sempre haberá alguén que lle poña tachas á obra. Somos moi difíciles de conformar.

 Logo de explicar, de xeito resumido obviamente, todo o proceso que conlevou esta aventura bibliográfica e de agradecer ás colabouras recibidas, tanto dos veciños de Salcidos como do concello, Antonio Fontenla cedeulle o uso da palabra o concelleiro de Patrimonio, Manuel Javier Crespo González, quen fixo unha relembranza das publicacions, ademais desta, nas que o Concello de A Guarda colabourou neste ano, como o libro "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte", de Joaquín Miguel Villa Álvarez; ou a reedición do "Estudio sobre las borrascas de la costa occidental de Galicia (1893)", do Pai Baltasar Merino, entre outros.


Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio relembrou o apoio do Concello a varias publicacions presentadas este ano

  O concelleiro de Patrimonio fixo pública súa felicitación á Antonio Fontenla Martínez por haber levado a bó termo o proxecto de Salcidos en Branco e Negro.

 A continuación, Antonio Fontenla cederíalle o turno da palabra a Ricardo Rodríguez Vicente, que comezou súa intervención citando o lema ou divisa “Al ánimo de comenzar, la gloria de concluir”, que podemos ler a carón do blasón heráldico, situado na ábside da igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos.

 Para a continuación afirmar: O colectivo Salcidos en Blanco e Negro tivo o ánemo de comezar unha ardua e apaixoante tarefa, de recolleita e difusión de imaxes fotográficas, que forman parte do patrimonio de moitas familias da parroquia.    

 Difusión, en primeiro lugar, polas redes sociais e posteriormente tamén nas interesantes exposicións anuais que con moito acerto e non pouco traballo, ven organizando Antonio Fontenla Martínez, no salón parroquial de Salcidos, e que teñen contado con unha importante afluencia de público.   

 A partires desas iniciativas socio culturais, Antonio Fontenla propuxo a publicación en formato libro, de Salcidos en Blanco e Negro – Album fotográfico da parroquia de Salcidos I, que ven a ser unha magnífica achega cultural que pón en valor o patrimonio fotográfico que ata fai pouco estaba, por razóns obvias, tan soio nos ámetos domésticos dos salcidenses.    

 Grazas a esa iniciativa e a colaboura desinteresada de tódalas persoas que cederon o material fotográfico; de quen fixo as selección de fotos; das persoas que fixeron á correccións, previas á entrega do orixinal no prelo,..., hoxe celebramos que Salcidos conte con esta publicación.

 Estamos pois, diante de un feito colectivo de singular importancia cultural. E iso débese o impulsor da iniciativa, e por suposto, a xenerosidade dos veciños da parroquia que aportaron súas fotografías para que Salcidos en Blanco e Negro sexa disfrutado por tódalas persoas que participaron na microfinanciación da edición e ata que se esgote, tamén por todas aquelas que queiran mercalo libro.


O cronista Ricardo Rodríguez Vicente na súa intervención

 Ainda que non pretendemos descobrer o contido desta obra, pois iso é algo que forma parte do disfrute persoal de cada lector, queremos salientar que na variedade de imaxes fotográficas que se inclúen neste libro imos identificar a non poucos fotógrafos que desenvolveron súa labor profisional no noso pobo ou na contorna, como por exemplo: Mariano Jiménez Hueto, Joaquín García Portela “Costiña”, Prudencio Vicente Vicente, Luis Cadilla González, Lino González Rolle “Cholito”, Ramón Sobrino, José Gardeazábal Rivas, Francisco Javier Álvarez Alonso, Luis Rodríguez Díaz “Valencia”, Isidro Pérez González “París”, Verano Brey,..., entre outros, que traballaron a fotografía en blanco e negro (...).

 O cronista mencionou tamén os fotógrafos Mary Quintero, de Vigo, e Saraiva, dos cales tamén se inclúen no libro, instantáneas das súas autorías.

 “(...) Hai tamén material doutros fotógrafos dos cales descoñecemos súas autorías, toda vez que foron feitas nos lugares onde os cabaqueiros de Salcidos ían desenvolver súas vrañadas, lasqueando lonxe da ciba, dos rulos, da calloa e dos cachizas, ou da nenza,...,  namentras no pobo tan soio quedaban as mulleres, os avós e os picariños da casa, que se ocupaban das tarefas do agro e do gando, e de gobernar o fogar o mellor que podían, ata o retorno dos cabaqueiros o remate da tempada. 

 Cando seus homes ían á cabaqueira, as mulleres dos cabaqueiros foron unhas heroínas as que ainda hoxendía non se lles recoñeceu súa labor.

  Todo ese material e os correspondentes textos de Antonio Fontenla Martínez, están eiquí e agora neste libro, que ven a ser un verdadeiro agasallo que nos fai sentir orgullosos do que somos e de onde vimos.    

 Non queremos rematar sen dar moitísimas grazas a tódalas persoas xenerosas que colabouraron a que Salcidos en Blanco e Negro sexa unha fermosa realidade.    

 E como non, a tódalas persoas que confiaron desde un primeiro intre neste proxecto cultural que ademáis fai honor o lema que dixemos o comezo da nosa intervención: “O ánemo de comezar, a gloria de concluir”.   

 Parabens o autor do libro, e por suposto a tódolos salcidenses (...)”.

  E para pechar o turno de intervencións, voltou a intervir Antonio Fontenla Martínez, quen evoucou a persoas, como María Iglesias, Julio Correa, Prudencia Mª Cividanes, ..., que colabouraron intensamente neste proxecto, e que non puderon ollar en vida este libro, ainda que onde estén compartirán á satisfacción que supón esta publicación.

 Rematada súa intervención, houbo uns minutos de descanso, para a continuación proxectarse a longametraxe "O Pisco", do Grupo San Roquiño, de Goián. Nese filme reflítese de xeito distendido á actividade contrabandista que houbo entre unha e outra beira do río Miño, e grazas a cal, moitas familias puderon sobreviver nunha época de moita miseria, na que algúns, os menos, fixeron unhas considerables fortunas.

 O longo da proxección o público disfrutou coas imaxes do entorno de Goián e coas esceas protagonizadas polos propios veciños desa singular parroquia tomiñesa que mesmo ten unha peculiar variante lingüistica.


A maioría do público que asistiu á presentación xa recolleu os seus exemplares do libro

 Foi así como arredor das 22:50 h., coa recollida dos libros polas persoas que tiñan os correspondentes tickets mercados na venda anticipada, daríase por rematado un fermoso acto cultural.

 As persoas que ainda non recolleron os libros poden facelo nos establecementos (Altamar, Barbeiro do Coruto, Tenda do Cruceiro Pinto, Agro Jade, en Pintán, e Recreo Artístico Guardés), onde mercaran os tickets

 Tamén se poden mercar, a 10,00 euros unidade, ata que se esgoten. Prevemos que vai ser axiña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario