18 de xan. de 2018

A GUARDA

A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA PROPÓN O ESTUDO PARA Á RETIRADA DAS ANTENAS SITUADAS NO MONTE SANTA TREGA

Manuel Castro Vicente, presidente da Comunidade de Montes da Guarda: "Esta comunidade, propón unha alternativa que e trasladalas a outro monte da nosa propiedade, cos estudos pertinentes e así evitar feismo e a ocupación destes obstáculos dentro do BIC do Monte Santa Trega"


Vista o Pico do Facho onde están ubicadas varias antenas de TV, causando un considerable impacto visual
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 A Xunta Reitora da Comunidade de Montes da Guarda, presentou no rexistro do Concello da Guarda, con data 30 de decembro de 2.017, unha moción o pleno propoñendo o estudo para a retirada das antenas situadas no Monte Santa Trega. 

 Esta comunidade de montes, deixa aberto o debate o pleno para que tódalas formacións políticas, poidan aderirse a dita moción, como aportar contido a mesma.


O fondo a esquerda, a antena ubicada de telecomunicacions ubicada no Pico de Sa Francisco. Outro exemplo máis do impacto visual existente neste enclave

 "Esta comunidade, propón unha alternativa que e trasladalas a outro monte da nosa propiedade, cos estudos pertinentes e así evitar feismo e a ocupación destes obstáculos dentro do BIC do Monte Santa Trega", afirmou Manuel Castro Vicente, presidente da Comunidade de Montes da Guarda.

CONTIDO DA MOCIÓN PRESENTADA NO CONCELLO DE A GUARDA

 D. Manuel Castro Vicente  con DNI ........, presidente da Comunidade de Montes da Guarda, con C.I.F:  V- 36.123.594, e con  enderezo na Rúa Manuel Lomba, 9 Baixo da Guarda.                   

POR UN MONTE SEN OBSTÁCULOS VISUAIS E CONTRA O FEÍSMO 

 A icona identificativa do noso pobo, é o Monte de Santa Trega, sendo así mesmo, unha das grandes referencias turísticas do Baixo Miño e de toda Galicia. 

 Dentro das grandes preocupacións da Administración Autonómica, é o impacto visual negativo que na paisaxe reflexan as vivendas sen rematar, semiderruídas, os peches de leiras feitos con mezcolanza de materiais de distintas índole, as cores e outros.  

 Tendo en conta a cantidade de visitantes que recibe o Monte de Santa Trega, a maior crítica que recibe, é a presenza dunha serie de antenas de transmisións e de empresas de audiovisuais e televisión, que escomenzaron a inundar O Facho a partir dos anos 60, sendo incrementada a cantidade das mesmas, colocadas sen ningún tipo armónico e estético, que nalgún caso, xa ten afectado algún dos bens patrimoniais arqueolóxicos. 

 Non debemos esquecer, que o Monte de Santa Trega, ten a consideración de Ben de Interese Cultural, dado que foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e o poboado Galaico-Romano de Santa Trega, e o Museo cuxa construcción foi deseñada  polo arquitecto Antonio Palacios, foron declarados Monumento Histórico Artístico Nacional posteriormente, polo que é unha obriga de tódalas administracións, a súa conservación e mantemento, para deixarllo nas mellores condicións posibles aos nosos descendentes. 

 A Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de A Guarda, considera, que se debe dar inicio dende o Concello, para que ditas antenas, sexan retiradas deste lugar, dando traslado das mesmas ao Monte Torroso, donde esta Comunidade, estaría disposta a habilitar unha parcela na que é existe accesibidade rodada e instalacións básicas. 

 Por todo elo, a C.M.V.M.C. da Parroquia de A Guarda, ven a presentar ao Pleno para o séu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCION:

 a).- O Concello, dará inicio a tramitación diante das distintas administracións, tanto Autonómica como Estatal, así como cas empresas propietarias de ditas instalacións, a fin de chegar a un acordo para o traslado de ditas antenas, o novo punto de ubicación, ou a dar unha alternativa, que conleve a desaparición das mesmas do Monte de Santa Trega.   

 A Guarda, a 29 de Decembro do 2.017

Ningún comentario:

Publicar un comentario