14 de mar. de 2018

A GUARDA

Gestión Democrática da Guarda solicita o mantemento e adecuación das infraestruturas turísticas cara Semana Santa


Xermán Cordero Verde
Presidente Comité Municipal de A Guarda

 Desde o Comité Municipal de Gestión Democrática da Guarda, vén demandar ao grupo de goberno que adecue as infraestruturas turísticas cara a primeira época estival que temos, a Semana Santa.   

 Dado que o Concello da Guarda é o terceiro concello máis visitada de Galicia, despois da Catedral de Santiago e da Praia das Catedrais. Por este motivo, dende o grupo político, veñen a poñer en manifesto que desde a concellería de turismo e desenvolvimiento económico e desde a concellería de tráfico e medio ambiente non se está a traballar para potenciar este sector económico, que é o primeiro sector da economía guardesa, onde hai un total de 41 establecementos hostaleiros cun total de 2.109 prazas en total, segundo datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística.   


 Entre outra medidas Gestión Democrática propón: a colocación da caseta de información turística e que vaian pensando na colocación de máis. Unha limpeza dos colectores de lixo, así como a limpeza viaria diaria con auga, recomendan unha limpeza e preparación das zonas de baño, non só das de Área Grande e o Muíño senón tamén a da Ribeira, Codesal e Armona. A peonalización verdadeira da zona do paseo marítimo. Para iso propoñen que se coloque un sinal co horario de carga e descarga e que se faga cargo a Policía Local do peche da zona de tránsito aos vehículos, garantindo desta forma a peonalización da zona. 

 Por ultimo demandan que se habiliten prazas de aparcadoiro para autobuses na zona urbana facilitando desta maneira a afluencia dos visitantes ao comercio e á hostalería local, dado que os autobuses visitan o Monte Santa Tegra e marchan para outras localidades. Así coma que terminen as obras das novas bolsas de aparcadoiro que se están a desenvolver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario