16 de mar. de 2018

A GUARDA

O BNG CUALIFICA OS ORZAMENTOS 2018 DE CONTINUÍSTAS E SEN PROXECTO DE FUTURO PARA A GUARDA

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda: “O BNG pula por un cambio de modelo que reverta a preocupante perda de poboación que sofre A Guarda. Estes orzamentos non afondan” 

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO volveu votar en contra, por segunda vez, aos orzamentos presentados polo goberno municipal do PSOE. 

 Para o BNG estamos ante uns orzamentos que cualifican de continuístas e que non abordan o problemas fundamentais que ten A Guarda, advirte Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés

 Dende o BNG critican a falta de partidas que comprometan na mellora da mobilidade do concello, tanto do centro como das parroquias, como os proxectos de seguridade viaria para A Sangriña e para Solanas”.

 Perda de poboación 

 “O problema máis importante da Guarda é a perda de poboación que levamos sufrindo nos últimos anos. É deber do concello criar as condicións axeitadas para que isto cambie e para iso necesitamos facer un concello acolledor para as persoas, é dicir un cambio de modelo ao actual”, comentou Ángel Luis Baz. 

 Para o BNG “axudas á educación son ridículas: 3.000€, con ausencia de programas educativos para o alumnado con máis necesidades

 O portavoz do BNG sinala tamén que a xestión do lixo pasa de 225.000 € a 232.000€, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe

 Por outra banda, o voceiro nacionalista denuncia que non hai partidas para programas de promoción de emprego, así como, totalmente insuficiente as partidas para emerxencia social, algo que levamos denunciando orzamento tras orzamento, mentres nos permitimos o luxo de gastar 40.000 € en pintar o espigón, infraestrutura de competencia da Xunta, algo que roza o esperpéntico

Reforma de Concepción Arenal e Rúa San Caetano 

  “Ante as informacións que se están vertendo nos medios de comunicación, o BNG quere deixar claro - incide Ángel Luis Baz - que a única forza política que asegurou que a reforma de Concepción Arenal ía contar con orzamento para a súa execución foi o propio BNG, que xunto co grupo de goberno votaron favorablemente ao convenio coa Deputación, tal convenio é o que asegura ese financiamento tanto dentro duns orzamentos novos como duns orzamentos prorrogados

 En canto a mellora da rúa San Caetano Ángel Luis Baz Vicente sinala: É unha obra que tiña que vir no Plan Concellos 2.017, o PSOE atrasouna inexplicablemente para o Plan Concellos 2.018, esperamos a súa execución para o presente ano, polo que esta obra nada ten que ver cos orzamentos 2.018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario