17 de mar. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

DAVILA ACUSA A BESADA E AO SEU EQUIPO DE GOBERNO DE MENTIR NO QUE RESPECTA ÁS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA RÚA RAFAEL TILVE ADRIO E CORUÑA   

As obras de `Urbanización da rúa Rafael Tilve Adrio e Rúa Coruña’ presentan graves irregularidades   

En base ás anomalías presentadas en esta obra, asócianse a mesma irregularidades económicas   

Santiago Rodríguez Davila, voceiro do PP de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 O pasado xoves 8 de marzo, Santiago Rodríguez Davila, voceiro popular salcedense, nunha das visitas que fixo á supervisar como avanza a obra de ‘Urbanización da rúa Rafael Tilve Adrio e Coruña’ detectou graves irregularidades no que respecta a primeira fase do proxecto, descubrindo que, “o pavimento de granito colocado nas beirarrúas NON corresponde co que figura na documentación do proxecto”. Unha vez máis, “o equipo de goberno de Movemento Salceda minte e oculta información aos salcedenses sobre os custos de obras pagados con contas institucionais” afirma Davila.  

 O voceiro popular mostrou as evidencias enganosas da obra, como ben demostra o proxecto e adxudicación desta construcción, as dimensións das lousas de granito teñen unhas medidas de 60x40x6cm, sin embargo, as lousas colocadas na mesma non corresponden con estas dimensións, xa que están a colocar lousas de 60x40x4cm, facendo irrelevantes os planos, documentos e a propia licitación da obra”.  

 Santiago Rodríguez Davila considera que “se cambian os materiais do proxecto, sucesivamente ten que cambiar o prezo do mesmo, pero o rexedor de Salceda non mencionou absolutamente nada das alteracións que estamos a mencionar, nin en que organo de decisión se tomou ese acordo, e moito menos, ou máis ben nada indicou sobre a diferencia de importe que presenta agora a obra”.   

 Para o Grupo Popular de Salceda, isto é un suma e segue de falcatruadas, amaños, e complicidades do Alcalde en moitas obras, caso Muros Picoña, a non colocación da Mangueira en esta obra, a ocupación de 25 m. cadrados sen autorización con sentenza xudicial de pagar 25.000 €…, en definitiva, un suma e segue.  

OS POPULARES SOLICITAN UNHA REUNIÓN URXENTE CO ALCALDE, O CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS E A DIRECCIÓN FACULTATIVA DA OBRA

 Ante a gravidade dos feitos, os populares veñen de solicitar o pasado día 13, unha reunión urxente co alcalde, o concelleiro de Vías e Obras e a dirección facultativa da obra, para que se nos den as explicación concisas e aportación  documental, do  motivo polo que se cambiou o grosor das lousas unha vez foi adxidicada a obra a empresa”. Segundo afirmou Santiago Rodríguez Davila e este xornal dixital, a día de hoxe, non teñen novas o respeto, polo que se preguntan, “se todo está tan clariño e foi todo o transparente que pretende o Alcalde que nos creamos, cal é o motivo de non dar resposta a esta petición”,  conclúe Rodríguez Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario