16 de abr. de 2018

A GUARDA

O Concello da Guarda ofrece catro prazas para  a realización de prácticas laborais   

As titulacións requiridas son: Enxeñería de Edificación, Arquitectura Técnica, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Ciencias Políticas e Historia.  


Sara Alonso / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra ven de publicar unha convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da provincia, destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.   

 Dentro desta convocatoria, o Concello da Guarda ofrece catro prazas para persoas con titulación universitaria en Enxeñería de Edificación ou Arquitectura Técnica (1); Ciencias da Actividade Física e do Deporte (1); Ciencias Políticas e da Administración (1) e  Historia ou Xeografía e Historia (1).   

 A finalidade das bolsas é promover e completar a formación das persoas beneficiarias nas áreas de coñecemento ou actividades propias da súa titulación, facilitando a súa futura incorporación ao mercado laboral.   

 Estas prácticas laborais terán unha duración máxima de 12 meses (6 meses prorrogables por outros 6) e unha dotación económica de 840 euros mensuais. As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán formalizar a súas solicitudes antes do 7 de maio. O proceso de selección incluirá a valoración dos méritos das persoas solicitantes e a realización dunha proba tipo test, con data aínda por determinar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario