7 de abr. de 2018

A GUARDA

CULTURA MARITÍMA

A GUARDA SERÁ SEDE DO XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

O evento terá lugar no verán de 2019

Vista parcial do porto de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Logo de haber presentado a candidatura de A Guarda - que conta co respaldo da Corporación Municipal do Concello de A Guarda -, para optar a ser sede da décimo cuarta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, 2019 e de dar a coñecer o correspondente proxecto, conforme ás bases establecidas; presentado pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, podemos informar que en 2019, A Guarda será sede do que posiblemente sexa o maior evento deste tipo na península. 

 A decisión foi adoitada na tarde deste sábado día 7 de abril na reunión celebrada pola Xunta Directiva da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial.

 Segundo afirman desde Culturmar, a décimo cuarta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia-2019 conlevará que se acheguen ata A Guarda, arredor de 120 barcos de todo tipo e onde durante os catro días que dura o Encontro é posible desfrutar da compañía de xente chegada de todos os portos galegos e de compañeiros que veñen de Portugal, Pais Vasco, Cataluña, Irlanda, etc. visitar exposicións e obradoiros, facer rutas guiadas, ver espectáculos e música en directo os catro días e en definitiva ver a dimensión do movemento de recuperación da navegación tradicional e en xeral de salvagarda da cultura marítima e fluvial.

 O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG) configúrase como a Gran Festa da Cultura e do Patrimonio Marítimo e Fluvial de Galicia, de maneira que o protagonismo correspóndelle de xeito principal e prioritario ao patrimonio marítimo e fluvial, nomeadamente ás embarcacións tradicionais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario